O DERBI QUE TODOS MERECIAMOS.

O fútbol galego agardaba dende fai moito tempo partidos como o que se disputará o vindeiro domingo no Estadio de Balaídos. Logo dunha funesta temporada pasada, na que os principais equipos galegos de fútbol descenderon de categoría, como é o caso do Deportivo da Coruña, ou na que non lograron o obxectivo do ascenso, caso do Celta de Vigo, o fútbol galego volve a estar de celebración.

De feito, a principal vantaxe do encontro dos dous grandes equipos galegos na segunda división, era a posibilidade de vivir o gran enfrontamento da rivalidade galega. Na primeira volta, a balanza caeu de parte do equipo coruñés, que gañou 2-1 ó Celta, nun partido moi intenso e con gran importancia do “factor campo”.

Nesta ocasión, os dous equipos chegan en inmellorables posicións na táboa clasificatoria para acadar o ascenso de cara ó final de temporada (1º o Deportivo e 2º o Celta). Nun horario pouco habitual para os grandes eventos, ás 12 do mediodía, os siareiros prepáranse para a celebración da festa da rivalidade galega e Balaídos rexistrará o seu primeiro cheo dende fai 13 anos. Polo momento, o único que sabemos é que o domingo dende as bancadas escoitarase a “Rianxeira”, pero a saber dende qué parte. Claro que, o único que de verdade é seguro, é que o fútbol galego xa gañou.

Unha resposta a “O DERBI QUE TODOS MERECIAMOS.

  1. ah jaja mira que esta rivalidade do fútbol e outras entre vigo e a coruña lémbranme un pouquiño aquelas liortas a pedradas de vilarriba e vilabaixo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s