TURISMO MARIÑEIRO: O TURISMO INTEGRADO NA VIDA DO MAR.

Algo está cambiando, dende fai xa un anos, na forma de entender o turismo na costa. Tradicionalmente, os pobos costeiros que tentaban atraer ó sempre beneficioso sector turístico, procuraban imitar un turismo de sol e praia, ó xeito do sur e o levante español. Chegáronse a dar grotescos casos de pobos que perdían gran parte da súa personalidade en favor dunhas instalacións e duns servicios que só teñen funcionamento durante uns meses ós ano.

Embarcacións da Escola Tradicional de Vela Dorna, convivindo con outras embarcacións modernas na Illa de Arousa.

Pero dun tempo a esta parte, e pode que a explosión da burbulla inmobiliaria tivese moito que ver niso, a tendencia é totalmente a contraria: a diferenciación. E qué mellor maneira de diferenciarse que sendo un mesmo.

Ó longo de toda a costa galega ofrécese, sobre todo nos meses de vran, unha gran oferta cultural relacionado coa vida mariñeira, algo que o visitante acolle moi positivamente. Antigas fábricas conserveiras e de salagre reconvertidas en museos, visitas a faros, portos,… paseos en distintos tipos de embarcacións, o coñecemento directo das distintas actividades e artes pesqueiras e marisqueiras,… son só algúns exemplos que forman parte desta ampla oferta. Incluso a recuperación de antigas embarcacións, onde atopamos o máximo exemplo na Illa de Arousa cós galeóns Komaira e Rei do Mar, e sobre todo coa Escola de Vela de Embarcacións Tradicionais Dorna, que cada verán converten o mar de Arousa nun auténtico museo flotante.

Proba da emerxente importancia do turismo pesqueiro na costa é a celebración dunhas xornadas na Coruña sobre o tema. Có título de “Turismo pesquero: retos y oportunidades”, estas xornadas terán lugar no Salón de Actos Fundación Paideia. Están organizadas polo Proxecto Áncora e darán comenzo o 20 de abril.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s