O ENSINO SECUNDARIO FARÁ PARO MAÑÁ EN DEFENSA DO GALEGO.

Son máis difíciles as matemáticas se se estudan en galego? Dubidamos que alguén poida probar esta teoría, máis iso non é impedimento para que a Xunta de Galicia, mediante as súas leis, nos dea a entender que si. Trátase dun caso insólito dentro do estado español, pero Galicia é a única rexión con lingua propia que ten prohibido o uso do galego en determinadas materias. E non vaian a pensar que se trata da materia de Lingua Castelá: son as Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía as que obrigatoriamente deben impartirse en castelán.

E é que o actual goberno, que estes días fai tres anos que está na Xunta, nada máis chegar ó poder fixo esplícitos esforzos por empeorar a saúde da língua galega. Lembremos que unha das súas primeiras medidas foi o desmantelamento da Rede Galega de Escolas Infantís, ou Galescolas, así como outras medidas que entraban directamente en conflito con tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos, algo que mereceu unha sonora chamada de atención de parte da Unión Europea.

Unha das peores situacións é a que se vive dentro dos centros escolares, onde as horas lectivas en galego víronse reducidas alarmantemente, sendo incluso substituido en moitas ocasións o galego polo inglés. Por iso mañá xoves os alumnos do ensino medio abandoarán momentaneamente as aulas para protagonizar diversas concentracións que terán lugar en toda Galicia. Sendo da propia xuventude de onde procede tal iniciativa, temos a mellor proba de que a saúde do idioma pode e debe mellorar.

Unha resposta a “O ENSINO SECUNDARIO FARÁ PARO MAÑÁ EN DEFENSA DO GALEGO.

  1. Que non vaian todos á greve, que fique alguén na escola, non vaia ser que aproveiten e pechen o colexio co asunto dos recortes… E de paso que se vaian esquecendo do prometido reforzo en mestres para vindeiro curso.

    Na Galiza en Galego. Pois claro que si.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s