UN PASEO POR “VILLA PSOE”.

Semanas atrás, Javier Carrera, director da empresa construtora Movexvial, presentaba a súa dimisión. A historia de Javier Carrera é a historia dun home emprendedor e feito a si mesmo, que fundou a súa propia empresa fai máis de vinte anos e a dirixe dende entón. Despois, viuse na obriga de dimitir e marchar pola porta de atrás. Segundo el mesmo, para preparar a súa defensa e non danar a imaxe da empresa. Movexvial foi a encargada de levar a cabo a construción da urbanización da Illa de Arousa coñecida como “Villa Psoe”, salpicada agora pola trama de corrupción chamada “Operación Campeón”, da que o ex ministro de Fomento, Pepe Blanco é o seu máis célebre implicado.

Situada nunha paraxe privilexiada, a carón dun fermoso espazo natural e da praia do Cabodeiro, e inmellorablemente comunicada có centro do pobo grazas ó novo vial do Chufre, álzase “Villa Psoe”. Nunca gozou de boa fama. Xa durante a súa construción os veciños a miraban con sospeita. Moitas casas situadas a carón da famosa urbanización, casas que costan toda unha vida de sacrificios, loitaban contra ordes de derrubamento por non cumplir a normativa de situarse a máis de cen metros da costa. Pero ó mesmo tempo, a obra da futura “Villa Psoe”, situada a unha distancia similar, lonxe de deterse, cumplía os prazos con exactitude.

Non ía ser unha urbanización calquera. Nada máis estar rematada, comezou a ser habitual atopar a Pepe Blanco polo pobo, especialmente durante as vacacións de verán. Dicíase que moitos altos cargos do partido socialista compraran tamén cadanseu piso na Illa, e iso sen contar cós ilustres invitados do ex ministro de Fomento.

A mala fama e a sombra da corrupción acompañan sempre a “Villa Psoe”. Aínda que está nunha das zonas máis emblemáticas e fermosas da Illa, semella non pertencer á Arousa. Case sen transeúntes, silenciosa e con certo aire de abandono e soidade. Algo, por outra parte, habitual en residencias vacacionais.

Os rumores apuntaban a que Pepe Blanco podería ter vendido o seu piso da Arousa. Pero a súa estancia alí durante a última Semana Santa, desmentía tal cousa. Foi unha visita moi sonada, posto que as queixas da Garda Civil foron reflectidas por todos os medios de comunicación. E é que a seguridade de Pepe Blanco, que depende do Ministerio do Interior, esixía que unha patrulla debía permanecer ó pé da urbanización e ser substituida por outra cada cuarto de hora. A Garda Civil queixouse do enorme custo que supuña tal cousa, ademáis do impedimento para atender outras emerxencias. Por non dicir que quizáis se trata dunha seguridade excesiva para alguén que xa non está no cargo. Pero iso é, ó mesmo tempo, o único que altera pesada inactividade de “Villa Psoe”.

3 respostas a “UN PASEO POR “VILLA PSOE”.

  1. Outra cousa:
    Cando falades da prensa no que dí o da guardia civil, si mal non recordo, dí “fuentes informadas” dentro do artículo. En todo caso deberíanse por máis pelos e señales sobre a noticia en concreto e dar a cara sobre quen a emite, non vaia a ser que veña Wayomin e lle faga a xogada como os de Intereconomía.

  2. Eu creo que xa cheiran todas estas calumnias tan pouco positivas sobre Pepe Blanco, non sei si é un santo ou non (espero que non porque a min non me gosta rezar) pero creo que hai moitos políticos que se merecen moitas máis críticas que Blanco polo mal que lle están facendo á Illa e calamos a boquiña como borregos.
    En todo caso, todos estos gilipollas que no seu momento usaron “villapsoe” como ferramenta de oposición e destrozo contra un partido político e concretamente contra a persoa de Pepe Blanco tamén José Manuel Vazquez (alcalde de A Illa), que se fixen en certa urbanización da Lanzada, que creo que esa sí que teñen que derribala.
    E para finalizar, recalco e rescribo o que di Manu no comentario anterior.

  3. Mimadriña, vaia fontes, só falta intereconomía… E o propietario da promotora diputado autonómico do pp e alcalde do pp na Garda non pintaba nada?, e logo Pepe Blanco non veraneaba na Arousa antes de mercar o piso?, e logo o convenio non cedeu máis de 20.000 metros cadrados que agora son de titularidade pública?, cando foi espazo natural o furado? sempre foi propiedade privada, e logo o plan xeral do Concello non foi aprobado por unanimidade?, e logo non contou cos informes favorábeis da Xunta e do Estado con Fraga e Aznar gobernando?, e logo non é certo que o deslinde variou e puidéronse legalizar as vivendas que foron construídas sen permiso?. A min tampouco me gusta a obra, nin digo que fose a única solución. E acaso os dispositivos de seguridade non os xestiona o Ministerio do Interior?. Se isto é unha urbanización de luxo… non digo que sexan as casas baratas ho, pero…

    Asombrado quedei con esta entrada. Non me gustou.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s