A HISTORIA QUE HAI DETRÁS DO PRIMEIRO DE MAIO. OS MÁRTIRES DE CHICAGO.

Moitas datas sinaladas agochan detrás historias de compromiso e heroismo, marcadas moitas veces polas inxustizas. Historias que nacen na vida cotidiana e pasan a marcar un fito, polo que nunca se queren esquecer.

A que lle corresponde ó primeiro de maio, é a historia dos “mártires de Chicago”, ocorrida en 1886. Naquela época e naquel contexto os traballadores vivían en malísimas condicións. Os conflictos bélicos detiveran os movementos sindicalistas nos Estados Unidos e o capitalismo emerxente esixía un ritmo frenético de traballo, con xornadas de ata 18 horas. O sindicalismo, dirixido principalmente por socialistas e anarquistas, comezou a intensificar a súa actividade ata proclamar a xornada de 8 horas.

Reinvindicación da xornada de 8 horas.

A data chave era o 1 de maio, data na que comezaba a folga en reclamación da xornada de 8 horas. O paro foi xeral en todos os Estados Unidos, pero na cidade de Chicago os disturbios foron maiores. Nos días posteriores a represión policial chegou a ser enorme, con varios obreiros asasinados e máis de 50 feridos. Así pois, foi convocada outra folga para o día 4 de maio en Haymarket Square. Prevíase unha concentración pacífica, ata que de súpeto, unha bomba estoupou matando a un policía. Hoxe en día créese que é moi posible que os responsables de tal feito fose a propia policía, debido a un simple accidente. Pero naquel entón, serviu de motivo para abrir un proceso contra os oito detidos: os alemáns Spies, Shwab, Engel, Fischer e Lingg, os estadounidenses Neebe e Parsons e o inglés Fielden.

Unha rúa de Chicago, nos anos nos que se produciron os sucesos.

O proceso estivo cheo de inexactitudes, falta de probas e sen a aplicación da lei. Non se trataba de facer xustiza, querían que todo aquilo fose un exemplo para os centos de miles de traballadores, de feito, o fiscal pediu directamente o aforcamento dos sindicalistas para “salvar a sociedade”. O xurado, que dende un principio sabía o que ía decidir, dictaminou a forca para sete dos acusados. Finalmente, foron catro os que viviron tal desenlace. Foi tal a indignación e a presión, que a Fielden e a Shwab retiróuselles a pena de morte. Lingg cometera un estraño suicidio na prisión, pero hoxe os historiadores coinciden en que se debeu tratar dun asasinato.

Tan so dous anos despois destes tráxicos sucesos, o movemento obreiro internacional declarou o primeiro de maio como o Día do Traballador.

3 respostas a “A HISTORIA QUE HAI DETRÁS DO PRIMEIRO DE MAIO. OS MÁRTIRES DE CHICAGO.

  1. detrás de datas que hoxe supoñen unha festa, que non son máis ca un nombre, case sempre hai herois, morte ou sufrimento.
    Grazas por recordala

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s