O ALMORZO DOS TRABALLADORES NA VIGA.

Trátase dunha das imaxes máis famosas e vendidas dos Estados Unidos. Non é para menos, o seu impacto é evidente. A súa soa observación produce unha enorme vertixe. En cambio, os obreiros aparecen sentados, en actitude relaxada, nunha viga suspendida no aire. Encenden un cigarro, len o xornal e sacan o almorzo, como se non fosen conscientes de que se atopan a centros de metros de altura sen ningún tipo de medida de seguridade.

O autor da fotografía, Charles Ebbets, era o encargado da cobertura fotográfica da construción do Rockefeller Center. Os obreiros traballaban nun dos rañaceos na construción da planta 69, das 70 que ía ter en total. Era setembro de 1932 e as condicións dos traballadores nos Estados Unidos eran realmente precarias e a seguridade era escasa ou inexistente. De feito, a fotografía pretendía denunciar esta situación. “Lunch atop a Skycraper” (almorzo no alto do rañaceos) é o título orixinal desta imaxe xa mítica. A súa primeira aparición tivo lugar no suplemento dominical do New York Herald Tribune. A partir de entón, retratou toda unha época.

2 respostas a “O ALMORZO DOS TRABALLADORES NA VIGA.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s