Fai agora case un ano, a nosa Aguamorta daba a coñecer a súa primeira historia, a de Roi Xordo, líder da Irmandade Fusquenlla. A pesar das intensas emocións vividas dende entón, nada se pode comparar coa sensación daquel primeiro momento, no que unha viaxe comeza e os destinos son moitos, pero incertos. A Aguamorta comezara pouco antes as súas andainas, con fotografías do seu lugar ansiado, do que un día partiu e ó que sempre regresa, a Illa de Arousa. No seu mergullo, a Aguamorta descubriu na vida cotiá as historias máis fermosas e auténticas. Sempre viaxa con independencia e liberdade, pero nunca soa, coa única pretensión de facerlles pasar un anaco de tempo agradable e entretido. 148 artigos e 5 galerías fotográficas despois, a viaxe continúa. Grazas!!!
A continuación deixámoslles cós cinco artigos máis lidos neste ano:
1 –ERNESTO BARREIRO, IN MEMÓRIAM.
2 –AS TENSAS RELACIÓNS ENTRE FRAGA E A ILLA DE AROUSA.
4 –HISTORIA DUN ENTERRO LAICO: JOSÉ GUILLÁN. ILLA DE AROUSA, FEBREIRO DE 1933.
Avante toda!
Parabéns e que siga a conta !.
A foto non ten prezo !.