O pasado sábado prodúxose o fenómeno que xa todos os medios de comunicación dan a coñecer como “superlúa”. O inestable tempo dos últimos días fixo moi difícil a súa observación, pois había unha constante presenza de nubes. Mais, por momentos, a climatoloxía ofrecía algunha tregua.
A “superlúa” ten lugar cando o noso satélite natural se atopa máis preto da Terra. Polo tanto, aparece ante nos un pouco máis grande e un pouco máis brillante. Son tamén vencelladas a este proceso as “mareas vivas”. Este estado inusual da lúa da lugar a que, cando baixa a marea, faino ata niveis maiores que os habituais. E tamén ó reves, cando sube a marea, faino ata cotas superiores ás normais.
Unha foto fermosísima.
Foi moi agradable dar un paseo nocturno por Carreirón pq a levávamos de facho
Certamente! Pero ese é outro artigo…
E non esquezas: tamén é cando aos lobinsomes lles medran os dentes, o pelo, se poñen a catro patas e saen á noite facer as súas licantropías…!!!!!
😉