VALENTÍN PAZ-ANDRADE, TESTEMUÑA DO SÉCULO XX GALEGO.

Moi habitual é atopar, entre os homenaxeados no Día das Letras, persoeiros moi polífacéticos, aínda que poucas veces o rango será tan amplo coma no caso de Valentín Paz-Andrade (Pontevedra, 1898 – Vigo, 1987). Posuía dende un privilexiado olfato para os negocios, como unha gran sensibilidade poética. Avogado, viaxeiro, xornalista, político,…  todas estas inquedanzas, nas que non había un límite disciplinar, deron lugar a que Valentín Paz-Andrade estivera presente nos grandes feitos do século XX, e todos eles marcaron o rumbo e a Historia de Galicia. Entre outras cousas, foi candidato ás Cortes Constituintes, xunto con Ramón Cabanillas e Castelao e formou parte da redacción do anteproxecto do Estatuto de Galicia (1931). Pero unha das grandes aportacións de Paz-Andrade está no ámbito da economía. Adquiriu un importante compromiso coas actividades pesqueiras, sobre as que escribiu seis libros sobre as súas problemáticas e potencialidades. Era a súa unha visión dende un punto de vista empresarial e galeguista, destinado ó desenvolvemento económico do territorio galego. Unha personalidade visionaria e comprometida que, mal que nos pese, non é moi habitual en Galicia.

2 respostas a “VALENTÍN PAZ-ANDRADE, TESTEMUÑA DO SÉCULO XX GALEGO.

  1. Estiven nunha exposición moi completa que hai agora mesmo na Fundación Luis Seoane. Realmente sorprendente cantas cousas pode facer un home nunha vida ben aproveitada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s