A ILLA PARALÍZASE PARA VER O ASCENSO DO CÉLTIGA.

Imaxe: Tamara García Otero.

Semella un guión escrito por un mestre do suspense. Aínda que con final feliz para os da Arousa, os lances do partido non puideron ser máis inesperados, á altura das grandes citas deportivas.

No seu gran partido da temporada, o Céltiga enfrontábase ó outro gran aspirante ó ascenso a Terceira División, o Choco de Redondela. Ó Céltiga só lle valía gañar para acadar o seu obxectivo, mentres que ó Choco bastáballe o empate.

Durante os días previos xa se estivera preparando o ambiente, animando a toda a Illa a achegarse ó Salvador Otero para animar ó equipo nun partido sen tregua. E a xente, como non podía ser doutro xeito, acudiu en masa. O Choco pola súa parte, tiña nas bancadas a nada desprezable cifra de 400 siareiros, que non quixeron deixar so ó seu equipo no gran día.

Ás seis en punto da tarde, a Illa de Arousa enmudeceu agás en Testos, onde os berros de ánimo incansables acompañaban á lectura da aliñación. Os sons das sirenas facían lembrar ós grandes días, como o Día do Carme, quizáis un sinal da gran festa que se aproximaba.

No minuto 32 de partido, o xogador do Choco Yerai, foi expulsado por dobre tarxeta amarela. En contra do agardado, as cousas non foron mellor para o Céltiga logo deste punto de inflexión, e a piques de cumprirse a primeira parte, Saúl marca o gol do Choco.

Os berros en Testos amainaban. A Arousa trataba de recuperar a normalidade domingueira, pero ninguén podía deixar de mirar de esguello para o campo. En parte, era semellante a aqueles tempos, nos que non había móviles nin redes sociais, onde o único indicador do que estaba ocorrendo no partido de fútbol era o propio estado do público. Xulgando iso, as cousas non pintaban ben.

E así pasou case toda a segunda parte. Os minutos pasaban e os nervios atrofiaron as gorxas dos siareiros. Pero entón xurdiu a capacidade de reacción do equipo de Manolo Núñez, que dende que tomou as rendas do Céltiga o seu ascenso foi imparable. No minuto 76 Nacho empataba o partido, resultado que lle seguía valendo ó Choco, pero non ó Céltiga. E xa, a piques de cumprirse o tempo regramentario e cando as esperanzas semellaban esvaecerse, Ferreiro marca o gol da vitoria (minuto 87). A pesar dos 6 minutos de prolongación, era xa demasiado tarde para unha resposta do Choco.

O árbitro pita o final e o delirio desátase en Testos. O público resistíase a abandonar o campo e os fogos e as bucinas irrumpían na tarde arousá. En toda a Illa non quedou lugar para a dúbida: o Céltiga acaba de converterse nun equipo de Terceira División.

Unha resposta a “A ILLA PARALÍZASE PARA VER O ASCENSO DO CÉLTIGA.

  1. parece que onte a loucura andaba solta, porque na Coruña non houbo quen durmise.
    a mín paréceme algo exagerado ese sentimento “nacionalista” volcado no equipo do fútbol local.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s