O pasado 27 de maio, o Golden Gate de San Francisco conmemoraba o 75 aniversario da súa apertura á circulación, algo que a cidade californiana celebrou en medio de grandes fogos de artificio.
O Golden Gate comezou a construirse en 1933 e rematouse en abril de 1937, baixo as ordes do enxeñeiro xefe Joseph Strauss. Dende o seu primeiro deseño, a ponte levaba impreso grandes pretensións de innovación: a cor alaranxada, a armónica elegancia e por ser a ponte colgante máis longa (2,7 quilómetros) da época.
Cada ano a ponte é visitada por millóns de persoas, que acoden alí expresamente para vela, polo que, á súa función de lugar de paso, úneselle a de monumento de interese turístico.
Aínda que supervivente de terremotos, o Golden Gate tivo que ser cerrado tres veces nestes 75 anos por mor de fortes ventos. Ten tamén a dubidosa honra de ser o lugar que máis adoitan escoller os suicidas para quitarse a vida, dos que se contan xa máis de 1400. Pero tamén é un recurrente escenario de cine e todo un emblema para a súa cidade.
A continuación, deixámoslles con imaxes da construción desta obra de arte da enxeñería moderna.
un video moi interesante a pesar da mala calidade da imaxen.
efectivamente é un icono