A noite de San Xoán é unha das poucas festas de orixe pagán que sobreviven ata os nosos días. De seguro, moita importancia nisto cobra o feito de que sexa unha festividade cargada dunha gran forza e simbolismo, onde se mesturan natureza e diversión. Hoxe en día chega ata nós dende a súa adaptación cristiá, polo que recibe o nome de San Xoán.
A festividade do San Xoán está vencellada ó solsticio de verán, o 21 de xuño, aínda que a celebración non se produce até dous días despois. Os antigos celtas chamaban a este día “Alban Heruin”. Celebraban a época na que o sol tiña máis poder e estaba máis esplendoroso, facendo que a escuridade da noite fora a máis curta de todo o ano.
Outra das festas celtas máis importantes que se celebraban con relación a isto era o “Beltaine”. Tiña lugar a comenzos de maio e o lume era o elemento protagonista indiscutible, como símbolo do sol, que era máis grande que nunca neses días. Prendíanse fogueiras para celebrar o inicio da época na que o sol domina por enteiro os días. Atríbuíanselle propiedades curativas e purificadoras ó lume e polas fogueiras pasaban dende mozas, para que non perderan a súa beleza, ata o gando, para que non collera enfermidades.
Ó marxe das influencias que foi adquirindo esta festividade dende tempos ancestrais ata os nosos días, non son poucos os elementos comúns que se conservan ata o día de hoxe, como é o culto ó lume e á auga. O culto ó lume é evidente. Ten o poder de destruir todo aquilo que nos obstacubiliza nas nosas vidas e danos forza e optimismo para empezar de novo ou para culminar unha gran empresa. Polo tanto, son moi poucos os que se resisten nesa noite a saltar a fogueira, iso si, mentres sexan de dimensións asequibles.
Pero ó culto á auga tampouco fica moi atrás. Así, se as circunstancias o permiten, é preferible facer a fogueira preto dunha praia, pois as ondas do mar teñen poderes curativos e tamén propiedades fertilizantes para todas aquelas mulleres que desexen ser nais. Haberá que meterse no mar e deixar que as ondas os engulan ata nove veces, aínda que a cifra, como adoita suceder nestes casos, varía duns lugares a outros.
E non esquezamos a tradicional auga de San Xoan. Deberemos coller as herbas máis aromáticas existentes na nosa zona (a mellor receita sempre é a de cada avoa), facer un feixe con elas e metelas nunha palangana chea de auga. A auga debe ficar fora toda a noite, para que recolla toda a maxia desa noite. Ó día seguinte deberemos lavarnos con ela. Ademáis de deixarnos un fermoso arrecendo, purificaranos e protexeranos.
Unha resposta a “A SUPERVIVENCIA CELTA NA NOITE DE SAN XOÁN.”