AS ALTERNATIVAS DE VERÁN NA ILLA DAS ESCULTURAS DE PONTEVEDRA.

Praia fluvial nas inmediacións da Illa das Esculturas, en Pontevedra.

As altas temperaturas estivais fanse especialmente duras nas cidades, e máis naquelas que non dispoñen de mar ou dunha praia en condicións para facer fronte ó calor. Este é o caso de Pontevedra. Do que si que dispón a cidade do Lérez é dun parque que rodea ó río, que se coñece como a Illa das Esculturas. Está moi preto do centro da cidade e durante todo o ano é un lugar de esparcemento e lecer, así como un lugar de adestramento para deportistas como o piragüista David Cal e o triatleta Javier Gómez Noya, que teñen o seu centro operativo no Centro Deportivo de Alto Rendemento, que se atopa a só uns metros de alí.

A Illa das Esculturas é tamén o escenario de diversas obras de arte que se atopan ó aire libre, tanto de artistas nacionais coma internacionais e dende o ano pasado o complexo está sendo sometido a unha intensa rehabilitación.

A primeira inclinación que tivo o parque cara as actividades de verán foi a acondicionamento dunha praia fluvial nas súas inmediacións. A praia consta de posto de praia onde mercar bebidas ou xeados, de socorristas e ata dun posto para emerxencias. Podería parecerse ben a unha praia de certa calidade, pero as diferenzas có mar son moi obvias e inevitables. Para comezar, a suposta area só semella area na súa cor. Na praia artificial a area, aínda que branca, semella máis ben pó ou ata terra, algo do que un se decata moi ben cando se levanta algo de vento.

Tamén é evidente a gran desventaxa da auga do río con respecto á auga do mar, aínda que o baño, por suposto, está totalmente permitido. Pero o que máis farán a menos os usuarios de praias convencionais na praia fluvial será a ausencia total de arrecendos. Nin arrecendos a mar, dende logo, nin a nada.

De tódolos xeitos a praia supón todo un respiro para unha gran parte dos habitantes de Pontevedra, encantados de poder contar cunha alternativa de lecer estival sen ter a necesidade de coller o coche, ó tempo que se lle da novo aproveitamento ó río. Tanto é así que os usuarios expándense máis aló da praia, sobre todos aqueles que non están moi interesados no baño. Para iso, toda a Illa das Esculturas ofrece un milleiro de oportunidades: lugares de sombra, de tomar o sol, á beira do río… E todo iso case resulta todo un verdadeiro luxo á hora de combater as pesarosas tardes de verán nunha cidade sen praia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s