O “SAXO TENOR” DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO VOLVERÁ A SOAR O DÍA DAS LETRAS 2013.

Cartel de “Saxo tenor” (1993)

A RAG ven de anunciar que Roberto Vidal Bolaño será o próximo homenaxeado no Día das Letras 2013. Foi unha candidatura na que, de seguro, pesou moito o sector teatral. E é que o autor santiagués é unha figura fundamental para comprender o teatro galego tal e como hoxe o coñecemos, profesional e de calidade, así coma un viveiro de grandes actores.

Falecido en 2002 con só 52 anos de idade, Vidal Bolaño foi todo un polifacético home de teatro. Foi fundador do grupo “Abrente”, participou no “Teatro do Estaribel” e foi director da compañía “Teatro do Aquí” así como do Centro Dramático Galego. Traballou en dirección, produción e iluminación. E tamén foi produtor audiovisual e, por suposto, guionista e actor.

Pero a súa labor como dramaturgo, merece unha mención aparte. Era o autor das obras que posteriormente se levarían á escena. Iso implicaba que o seu traballo como autor de teatro se vira sometida á presión de ter que estrear unha obra cada ano, e iso nunca restou nin un pouco de calidade ás súas creacións. Nos anos noventa chegaron os premios literarios, algo que foi imprescidible para que as súas obras foran publicadas e para que Vidal Bolaño fose recoñecido coma un escritor que retrata unha época e unha sociedade.

“Laudamuco, señor de ningures” (1976), “Bailadela da morte ditosa” (1980), “Agasallo de sombras” (1992), “Días sen gloria” (1992) ou “As actas escuras” (1994), só só un exemplo no conxunto da súa obra.

En “Saxo tenor” (1993) o autor mergúllanos nunha noite onde se misturan diversas personaxes de vidas miserentas. Unha noite que, por momentos, pode que nos faga lembrar á noite que viveu Max Estrella nas “Luces de bohemia” de Valle-Inclán. Sórdida, pero conmomvedora, “Saxo tenor” amósanos a Galicia dos suburbios urbanos, do sufrimento, onde as patéticas verdades van aflorando pouco a pouco, mentres un saxo soa ó fondo.

Unha resposta a “O “SAXO TENOR” DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO VOLVERÁ A SOAR O DÍA DAS LETRAS 2013.

  1. Eu a única obra que lle vin foi “as actas escuras”, o ano pasado, en Santiago.
    Polo menos o “día das letras galegas” nos vai servindo a moitos de nós para descubrir, ou profundar na obra de xente que, de non ser por iso, nunca o fariamos…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s