O 4 de marzo de 1960, un horrible suceso tiña lugar no porto da Habana. O buque francés “Le Coubre”, cargado de armamento procedente dos Estados Unidos, estoupaba deixando tras de si centos de mortos e feridos. As armas tiñan coma destino ó réxime do anterior dictador, Fulgencio Batista. Pero naquel momento, a Revolución acababa de triunfar e a compra estaba xa realizada e pagada, polo que os intentos dos Estados Unidos por deter a chegada da mercadoría resultaron inútis. En Cuba ninguén dubidaba de que os responsables daquela carnicería eran axentes da CIA.
Ó día seguinte, o 5 de marzo, prodúxose a multitudinaria despedida ás vítimas. Entre a gran multitude estaban os líderes da Revolución, entre eles o Che Guevara. Alí estaba tamén o fotógrafo cubano Alberto Díaz, máis coñecido como Korda, que traballaba para o xornal “Revolución”. Nun momento do funeral, captou unha imaxe do Che. Tiña o cabelo despeiteado e tiña posta a inconfundible gorra de guerrilleiro. Pero o que a ninguén lle pasou desapercibida era aquela mirada ó lonxe, cargada de impetuosidade e forza, pero estranamente tamén de serenidade.
A foto estivo colgada no estudio do autor durante sete anos, e nin sequera foi publicada no xornal “Revolución”. Sete anos despois, có Ché xa falecido, un editor italiano fíxose cós dereitos e foi a escollida como capa do “Diario del Che en Bolivia”.
A partir de ahí comeza a reproducirse en infinidade de soportes: gorras, camisetas, bandeiras,… ata aumentar a magnitude de icona do século XX do Che.
Unha das reproducións máis curiosas atopámola en Galicia, no concello coruñés de Oleiros. Unha impresionante estatua de 8 metros da famosa imaxe do Che preside unha rotonda situada, precisamente, na Avenida Ernesto “Che” Guevara. Aínda que polémica, debido á súa connotación política, a estatua é xa todo un reclamo turístico, así coma un dos usos da imaxe máis atractivos.
Korda xamais gañou nada pola súa fotografía, nin nunca o reclamou. Unicamente interviu unha vez para evitar que a imaxe fora utilizada con fins publicitarios para unha coñecida marca de vodka.