II CAMPIONATO DE FÚTBOL 7 DA A.C. KOMAIRA: ELAS DAN O GOLPE.

As Espartanas celebran a vitoria poucos intres despois do remate do partido.

Na pasada fin de semana tivo lugar no campo de fútbol da Bouza da Illa de Arousa o II Campionato de Fútbol 7, organizado pola Asociación Cultural Komaira. Como xa ocorrera no ano pasado, unha das principais atraccións do evento foi o campionato feminino, que volveu a ateigar de espectadores as bancadas do Campo da Bouza.

Nesta ocasión ás Desbrosadoras e ás Rumorosas uníanselle outros dous equipos: as Espartanas e as da Kultural. Nas semifinais, as da Kultural impuxéronse con craridade ás Desbrosadoras e as da Kultural facían o propio cás Rumorosas. Pero iso non foi causa de decepción para os equipos pioneiros do campionato, posto que se daba a oportunidade de revivir a apaixoante final que tivo lugar o ano pasado.

Naquela ocasión, as Rumorosas fixéronse có trofeo de gañadoras, polo que fervían as ansias de vinganza no equipo das Desbrosadoras, que culminaron impoñéndose ás súas contrincantes por dous goles a cero, nun partido que, malia todo, non deixou de amosar a boa sintonía existente entre os dous equipos.

Chegou entón a gran final entre as da Kultural e as Espartanas, con intencións de deixar craro que os partidos amistosos non existen. As da Kultural adiantábanse no marcador no primeiro toque, un tanto que collía de sorpresa a toda a bancada e ás mesmas xogadoras dos dous equipos. As da Kultural aínda habían de fallar un penalti xa ben avanzada a segunda parte, polo que o gol que conseguían as Espartanas no último minuto dáballes o pase para xogarse a vitoria nos penaltis.

Adóitase dicir que os penaltis son toda unha lotería. Si aceptamos que iso é así, a sorte nesta ocasión estivo de parte das Espartanas. Unha nova revancha queda entón sen resolver, e pola que haberá que agardar ata o vindeiro ano.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s