O fotógrafo vietnamita Huynh Cong Ut, tamén coñecido como Nick Ut e o autor da fotografía. O presidente Richard Nixon dubidou da súa autenticidade, o que o autor respondeu “… a fotografía para min, e incuestionablemente para moitos outros, non podería ser máis real. É tan auténtica como o foi o mesmo Vietnam. O horror da guerra que obtiven non necesitaba ser retocado …”. A fotografía foi publicada nos xornais o 12 de xuño de 1972, despois dunha controversia porque nela aparece unha nena espida, aínda que finalmente foi publicada porque pesou máis o valor informativo. A foto foi feita o 8 de xuño de 1972.
A fotografía móstranos a unha rapariga de 9 anos corre espida e queimada despois de sufrir un bombardeo de napalm na poboación de Trang Bang. Foi o propio autor da fotografía a que levou a rapaza ao hospital. Pouco máis hai que engadir xa que a fotografía fala por si mesma.
A fotografía gañou o premio Pulitzer.
O nome desta muller é Phan Thi Kim Phúc, que actualmente reside en Canadá. En 1997 fundou a Fundación Kim Phúc onde axudan os nenos vítimas da guerra. Tamén en 1997 foi nomeada embaixadora de boa vontade da UNESCO.
A guerra do Vietnam enfrontou dende 1964 a Vietnam do Sur, apoiado por E.E.U.U. e Vietnam do Norte, apoiado por movementos guerrilleiros como o Viet Cong, e subministrado pola URSS e China.
A guerra supuxo despois de 11 anos de combate unha cifra de entre 3,8 e 5,7 millóns de mortos, a gran maioría civís. A perda dos Estados Unidos foi de 58.159 mortos e 1.700 desaparecidos.
Realmente nas guerras perdemos todos.