AS SEREAS DO MAR DE AROUSA.

“Nembargantes, as sereas posúen un arma moito máis terrible que o canto: o seu silencio”.

Franz Kafka.

Escudo de Galicia deseñado por Castelao.

Nunha cultura ateigada de lendas e seres mitolóxicos como a galega, non podían faltar os vinculados ó mar. En concreto, imos referirnos ás sereas, seres de gran beleza e magnetismo, metade muller e metade peixe.

Contan as lendas que no mar de Arousa, ese mar que por estar tan pechado pola ría do mesmo nome é merecedor dese nome propio, os mariñeiros adoitaban avistar a estes seres, aínda sendo coñecidos os seus esforzos por escapar das miradas humanas.

Na soidade do amencer e das rigurosidades dos traballos, os mariñeiros escoitaban uns fermosos e seductores cantos polos que non podían evitar sentirse atraídos. Eses cantos conducíanos, segundo algunhas versións, onda terribles treboadas e, en consecuencia, a unha morte segura. Noutras versións, en cambio, as sereas nada tiñan de maligno. Mais ben ó contrario, pois guiaban ós mariñeiros cós seus cantos cara os lugares onde a pesca era máis beneficiosa e as condicións meteorolóxicas máis seguras.

Contan que, en certa ocasión, na metade dun violento naufraxio, unha serea lle salvou a vida a un nobre galego. A serea, desfeita de cansanzo, apareceu inconsciente nunha praia de Illa de Sálvora. O nobre, en canto a atopou, coidou dela e chamouna “Mariña”. En canto a serea se foi repoñendo, as súas escamas foron desaparecendo, e cando xa non tivo ningunha, casou có nobre, con quen tivo moitos fillos. Din que ese foi o inicio do apelido “Mariño”, e que todos os que se apelidan así, son sen dúbida descendentes do nobre e da serea Mariña.

En conmemoración a este episodio, no peirao de Sálvora eríxese a estatua dunha serea. Ademáis, a serea é tamén a figura principal do escudo de Galicia que Castelo deseñou en 1937. En concreto, o seu debuxo baséase nun motivo que aparece nun dos muros da Capela do Patrocinio do Rianxo natal do polifacético autor. No escudo de Castelao é a serea a que sostén o escudo en si mesmo, ó tempo que é rodeado polo emblema “Denantes mortos que escravos”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s