- As festas do viño Albariño de Cambados, finalizadas na pasada fin de semana, facían este ano a súa 60 edición.
- De entre todas as cousas salientables deste aniversario, a nosa Aguamorta decidiu achegarse a unha das cousas imprescindibles en toda canta festa haxa: as atraccións.
- Moito máis vistosas e espectaculares de noite, as atraccións enchen de cor e música os recintos.
- Son frecuentadas principalmente por familias e grupos de adolescentes, cunhas vidas que seguramente, moito han de contrastar coas dos feirantes.
- A cotío son escenario dos primeiros amores, ó ser as atraccións o lugar preferido dos adolescentes que por primeira vez saen pola noite lonxe das miradas dos pais.
- Unha das grandes tendencias dos últimos anos, camiñar dentro dun enorme globo.
- Quén non tratou de roubarlle un bico a aquel primeiro amor, estando suspendido no aire e aproveitando o seu medo ás alturas?
- Malia a ausencia da nora, raíña de todas as atraccións e reservadas só para as grandes urbes, a espectacularidade das luces e cores é máis que evidente.
- Axenas a estatuas polémicas e clandestinas, as atraccións son un gran exemplo de beleza cotiá.
- Sempre presente nos nosos recordos, as atraccións adoitan ir vencelladas ós mellores veráns das nosas vidas.
moi chulas as fotos.
O post tróuxome un sorriso de comprensión… como se che nota que tiñas algo de nostalxia daqueles veráns de adolescente…! as atraccións de feira non son o transporte que me leva a min á nostalxia da dulce primeira xuventude, pero igualmente o entendo 😉
Parabéns ao fotógrafo. Reflexa moi ben o movemento e colorido unha feira de atraccións.
chulisimas!!!1