Os afeccionados ós baloncesto que o sábado pasado se atopaban no Café Moderno, no paseo marítimo do Campo, levaron unha agradable sorpresa ó descubrir ó famoso xogador de baloncesto, Juán Carlos Navarro, tomando algo alí ó igual que eles. Malia non ter unha altura que chame a atención, como ocorre con outros xogadores de baloncesto, Navarro non puido pasar desapercibido.
Navarro estaba case recén chegado dos Xogos Olímpicos de Londres, onde a selección española de baloncesto conseguiu unha meritoria medalla de prata, ó non poder superar á sempre todopoderosa selección dos Estados Unidos, aínda que estiveron máis preto de conseguilo que en outras ocasións.
Logo de tal fazaña, ben merecidas tiñan os xogadores unhas vacacións, para o cal Juán Carlos Navarro elixiu á Ría de Arousa. Amable con todo o mundo, o xogador de baloncesto asumía con gran sentido do humor o alboroto que causaba a súa presenza no Café Moderno, e non dubidou en fotografarse con todo o mundo. Estaba acompañado por un grupo de amigos, entre os que tamén se atopaba a súa dona e nai das súas dúas fillas.
Juán Carlos Navarro, alcumado “a bomba” conta cunha carreira deportiva ateigada de éxitos. Na temporada 2007-08 probou sorte na NBA nos Memphis Grizzlies, como xa o fixera o seu amigo e compañeiro, Pau Gasol. Pero Navarro axiña regresou ó seu equipo de sempre, o FC Barcelona, no que milita actualmente.
guauuuuuuuuuuuu jaja q suerte Carmen jejeje y el un gusto excelente de ir a Illa;))