O NAUFRAXIO NO BAO QUE CONMOCIONOU A TODA A RÍA.

En decembro de 1960 uns tráxicos acontecementos tiñan lugar preto do Bao, na Illa de Arousa. Hoxe podemos relatalos grazas ó servizo de hemeroteca que ofrecen os xornais “La Vanguardia” e “ABC”, que no seu día contemplaron esta nova nas súas páxinas.

A “Carlitos” era unha sinxela embarcación de vela e remos. Nun primeiro momento creuse que os seus catro tripulantes andaban á pesca de ostras, pero posteriormente sóubose que ían en axuda doutra embarcación semellante.

Atopábanse nas inmediacións da praia do Bao, na Illa de Arousa, cando case de súpeto, se levantou un temporal. Un violento golpe de mar embestíu á lancha. Outras embarcacións que se atopaban preto de alí axiña acudiron na súa axuda, pero só atoparon con vida ó patrón, Benito Pérez Meis, de 45 anos, dándose ós outros tres por desaparecidos.

Días despois atopáronse os cadáveres de Carmelo Pérez Vázquez, de 24 anos e parente do patrón, e Eulogio Pérez Cores, de 18 anos e fillo do patrón. Semella que os restos mortais de Benito Pérez Cores, tamén de 18 anos e tamén fillo do patrón, nunca foron atopados.

Esta dramática historia non lle pasou indiferente a ningún pobo da Ría de Arousa. Tanto pola idade dos afogados, como pola súa labor de salvamento, chegaron moi fondamente ás conciencias das xentes dos pobos cercanos. Tanto é así que dende unha emisora de radio de Vilagarcía comezaron a organizar unha recolleita de fondos para axudar ós familiares das vítimas. Un grupo de mexilloeiros doou unha gran cantidade de mexillón para que os beneficios das súas ventas foran a parar ás axudas ós familiares. A emisora xestionou a venta e o mexillón foi vendido máis caro do habitual. Malia todo, foron moitos os compradores que non dubidaron en devolver o produto para que se puidera facer unha nova recolleita.

Non hai recuncho de mar que non conte con historias tan terribles e dramáticas coma esta. O mar, case sempre fermoso e cómplice dos mariñeiros, adoita tamén facelos vítimas dos seus violentos enganos. Vaia por diante o noso respecto ás vítimas desta historia, e que sirva este artigo coma homenaxe. Porque a nosa homenaxe, hoxe e sempre, será non esquecer.

Unha resposta a “O NAUFRAXIO NO BAO QUE CONMOCIONOU A TODA A RÍA.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s