ÉXITO ROTUNDO DO PRIMEIRO “CARNAVRAN”.

Gran afeccionado ás festas, o ex madridista “Guti” non podía faltar no “Carnavran”.

A existencia dun Antroido baixo a calor do verán é unha reinvindicación que xa ven de antigo. En moitas ocasións semellaba algo imposible, posto que o Antroido clásico da Illa de Arousa conta con demasiadas raíces e tradición como para expoñelo a unha innovación tan grande.

Pero a solución era moito máis sinxela. Bastaba con engadir un día, un único sábado diferente de festa con disfraces, sendo unha maneira inmellorable, por outra banda, de despedir o verán. A iniciativa xurdiu de maneira espontánea, no que as redes sociais xogaron un papel fundamental. De gran importancia foi tamén o impulso dos bares e pubs organizadores: Con do Moucho, Baka Concerto, Benalúa, Kultural, Bar Regueiro, Deluxe, A Aldea, Triskel, A Cova e O Antoxo.

Ó tratarse dunha primeira edición, a expectación era grande por saber cómo sería a reacción da xente. E, por si alguén o dubidaba, quedou ben claro o moito que lle gosta á xente disfrazarse. Por momentos semellaba incluso que a porcentaxe de disfrazados era maior que en moitos días do Antroido “de inverno”. A afluencia de xente en si tamén foi extraordinaria, sobre todo debido ós novos, que o sábado do “Carnavran” trocaron outros destinos de festa habituais en beneficio da Arousa.

Como non podía ser de outra maneira, moitas “celebrities” non quixeron perderse este evento. De feito puidemos atopar entre os asistentes a un logradísimo Mario Vaquerizo, o mediático compañeiro sentimental da cantante Alaska; así como a moitos deportistas famosos, coma o ex xogador do Real Madrid, “Guti”, e ó mítico xogador da NBA Larry Bird.

E é que a temática deportiva estivo moi presente entre os disfraces, algo no que seguro que tiveron que ver moito as últimas olimpiadas de Londres 2012. Mais, o que predominou por riba de todo foron disfraces nos que a pel era a máxima protagonista, sobre todo entre os homes, dos que ben é coñecido o seu gusto por disfrazarse de muller. E é que as altas temperaturas e o sentido do humor así o requirían, algo que ben poderían ser os principais elementos definidores deste “Carnavran” que acaba de nacer.

Unha resposta a “ÉXITO ROTUNDO DO PRIMEIRO “CARNAVRAN”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s