Cando Eva decidíu probar a mazá e a maiores, convencer a Adán de que tamén a probase logo de comprobar o boa que estaba, rematou cun mundo idílico e paradisíaco e liberou todos os males do mundo e a propia Eva foi condenada a parir con dor.
O filósofo alemán Niestche, reflexionando sobre iso, pregúntase, entre outras cousas, porqué habendo un ser supremo castiga este a curiosidade de Eva, ó ser a curiosidade unha das virtudes máis importantes que definen a un bo científico e, na mesma liña, pregúntase qué beneficio tería para a ciencia a pasibidade e desinterese de Adán.
Malia todo iso, a imaxe da muller como a personaxe que desencadena todos os males do mundo está sempre moi presente en todas as tradicións antigas. Na mesma tradición hebrea, aparece na historia de Adán e Eva unha personaxe anterior e pouco coñecida, nada máis e nada menos que a primeira muller de Adán. A diferencia de Eva, que naceu dunha costela de Adán, Lilith era exactamente igual que o home. Debido a esa igualdade, Lilith tomaba as súas propias decisións e non adoitaba obedecer ó seu compañeiro, pois non cría que tivera a obriga de tal. Incomodado por esas reaccións, Adán, coa axuda do Creador, desterrou a Lilith ó Mar Roxo. Era aquela unha terra considerada de demos e alí Lilith, brava e seductora, enxendrábaos cada día.
Logo, o Creador quixo compensar a Adán cunha muller máis sumisa e creada a partir de si mesmo, pero finalmente (todos coñecemos a historia) as cousas non saíron como agardaban, como se algo da díscola personalidade de Lilith ficara en Eva. As dúas quedáronse sen paraíso, pero a cambio, tiveron a oportunidade de pensar, aprender e evolucionar.
Eu pensaba que Lilith era anterior á tradición xudea, un mito xa en Mesopotamia… bueno, supoño que, como símbolo, esa muller poderosa, sensual, rebelde e xeneradora de todos os males ten cabida en todas as tradicións con distintos nomes… por algo as mulleres somos malas maliiiiiiiiiiiiiiiiiiismas (menos a nai e a filla, of course)