En xaneiro de 1980 tiña lugar na Illa de Arousa a II Conferencia do Partido Comunista de Galicia. Este feito fixo que o nome da nosa pequena illa saltara ás portadas dos principais xornais estatais. E é que o que daquela era o máximo dirixente do partido, o recentemente falecido Santiago Carrillo, nunca restou nin un mínimo de importancia ás poboacións pequenas.
Na Conferencia celebrada na Arousa estiveron presentes 300 delegados, así coma o que entón era o secreterio xeral do partido en Galicia, Anxo Guerreiro, ademáis de Mario Babioni, do Partido Comunista Italiano. O domingo 27 de xaneiro tivo lugar a clausura do evento, nun acto no que interviron estes dirixentes, xunto con Santiago Carrillo. No seu discurso, Carrillo condenou a invasión da Unión Soviética en Afganistán, afirmando que, da mesma maneira que se mostraba contrario ó imperialismo americano, non ía ter unha actitude diferente no caso soviético. Na Illa de Arousa, Santiago Carrillo elevaba a súa ollada a Europa, avogando por un Eurocomunismo.
Namentres se celebraba este acto, en Vilanova aparecían pinchadas as rodas dos coches de Carrillo e de outros militantes, resultando afectados incluso, os responsables do servizo de protección e vixilancia do Secretario Xeral.
A conferencia foi no Tamanaco.