ENTRE HALLOWEEN E O DÍA DE PEDIR

A festividade do Samaín é de orixe celta. A mesma palabra, Samaín, significa en irlandés antigo a fin do verán e a fin da colleita. Celebrábase a noite do 31 de outubro ó 1 de novembro, coincidindo có Día de Todos os Santos cristiá. Nesa noite, os defuntos abandoaban o subsolo para camiñar entre os vivos. Polo tanto, aproveitaban ese breve tempo para visitar a seres queridos e familiares e estes, incluso, lles deixaban unha silla baleira fronte a lareira para que quecesen.

Esta tradición foi levada ós Estados Unidos polos emigrantes irlandeses, ata derivar no xa coñecidísimo Halloween. Protagonista de películas e series de televisión, o Halloween é unha festa semellante ó Antroido, na que predomina a temática do terror e o medo. Nesa noite, a do 31 de outubro, os nenos percorren as casas para que os veciños lles dean lambetadas.

Por outro lado, dende uns anos a esta parte, en Galicia téntase rescatar a tradición do Samaín, coma un intento de evitar celebracións relixiosas e de reinvindicar unha tradición propia. Nembargantes, non son poucos os intelectuais galegos, que renegan da vinculación galega desa tradición, entre eles, o actual presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Malia todo, non pode deixar de pasar desapercibida a gran semellanza do Halloween coa tradición que permanece nunha pequena Illa, a Arousa. Falamos, por suposto, do Día de Pedir, un ritual popular que, ó igual que no Halloween, ten como protagonistas ós nenos, aínda que tamén conta con grandes diferencias que personalizan esta festividade fronte a anglosaxona.

Típica recadación dos nenos no Día de Pedir. Imaxe: Na Illa.

Na Illa de Arousa, unha vez pasado o día dos defuntos, chega o momento dos nenos, o día 2 de novembro. Ese día dende moi cedo os nenos, que por unha vez contan có consentimento dos país para non ir á escola, van polas rúas equipados con bolsas e mochilas para percorrer as casas de familiares, dos coñecidos e dos establecementos comerciais. Alí, amoreados nas portas, é de obriga que os nenos pronuncien esta frase “unha limosniña polos difuntiños que van alá…” e só entón, unha vez que a digan, os adultos lles darán lambetadas, castañas, mondarinas e algún que outra moeda. Nos comercios adoitan tamén a regalar eses cadernos e bolígrafos que permanecían cubertos de pó no trasteiro, e moi especiais son tamén os boliños que as panaderías fan ese día espresamente para os nenos, que hoxe son xa toda unha tradición.

Comparando as dúas festividades, non se pode negar as grandes similitudes das dúas, aínda que unha sexa coñecida a nivel mundial e a outra, aínda que inalterable, non traspase a ponte da Arousa. Podemos pensar entón que o Samaín é a orixe tanto do Halloween coma do Día de Pedir?

Advertisements

3 respostas a “ENTRE HALLOWEEN E O DÍA DE PEDIR

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s