De súpeto, pasaron xa dez anos. Os feitos que sucederon naqueles fríos días de novembro de 2002 deixaron irremediablemente unha fonda pegada en toda unha xeración de xente nova que se viu na obriga de toparse bruscamente coa realidade. Certamente, naqueles días houbo que abri-los ollos para prepararse cara o futuro que se aveciñaba, algo que, quen sabe, poida que teña aínda continuación na situación que atravesamos hoxe en día. Porque, ás veces, dez anos pasan, e pasan en balde.
Tal e como vemos na ilustración de Ernesto Barreiro, as cruces representan a morte, porque algo en nos morreu inevitablemente durante aqueles sucesos. Unha forte treboada agocha o ceo azul e o mar aparece arroutado e bravo e cunha inusual cor escura. Pero tratándose do mar, malo será que non apareza un faro na metade de ningunha parte, para iluminar o camiño de volta. Porque a esperanza ten maneiras así de formidables.
O sábado pasan no CGAC un filme de Alberte Pagán
http://www.compostelacapitalcultural.org/detalles/15350/eventos.html
“A quem se lhe conte carece de textos porque a súa intención é deixar que as imaxes falen por si mesmas. A quem se lhe conte é unha obra sobre as pegadas da historia na realidade: o chapapote sobre as rochas, as pintadas esvaídas sobre as paredes; a realidade como palimpsesto.”
Desgraciadamente, seguimos estando en coiros ante esa situación.