En ocasións, a beleza esquiva as nosas miradas. Aparece en horas intempestivas, ou cando o frío e a choiva chega para quedarse nos nosos lugares. Pode que algún desafortunado que teña que abandoar o calor do seu fogar neses momentos, teña a agradable compensación de poder observar a fermosura dalgunhas paisaxes neses intres. Son poucos e moi efémeros, pois so duran uns poucos minutos. Ó cabo deles, as combinacións de luces e cores modifícanse paseniño, e aínda que apareza unha paisaxe igual de fermosa, xa non é a mesma. Son amenceres únicos e poden semellar irrepetibles, pero o certo é que non o son. Iso si, sempre chegan sen previo aviso.
Un novo amencer chega hoxe tamén para a nosa Aguamorta. Continuou a súa incansable viaxe durante a súa ausencia e chega hoxe cargada de fascinantes e novas historias no lombo. Foi moito o tempo que estivo nadando empuxada pola forza da ondaxe, pero ó fin, a nosa Aguamorta regresa á casa.
que sexa un feliz retorno, có bó facer de sempre.