O PATO MANDARÍN QUE VIVE NA AROUSA

O pato mandarín xunto cunha parella de alavancos reais.

O pato mandarín xunto cunha parella de alavancos reais. (imaxe: Marcos Cancelas Dozo)

Polo ano 2006, un pequeño e exótico pato aparecía coma se nada entre as ducias de patos alavancos reais que tan ben se adapataron ás costas arousanas. Non foron necesarias moitas pescudas para descubrir que se trata dun pato mandarín, especie orixinaria da China. Como podemos ver, trátase dun pato algo máis pequeño que os seus compañeiros de hábitat, os alavancos reais.

As súas intensas e chamativas cores indícannos que se trata dun macho adulto, posto que tanto as femias coma os inmaduros dos patos mandaríns son de cores cincentas apardazadas. Que o macho sexa máis espectacular que a femia é algo moi habitual entre os animais, pois é o deber dos machos chamar a atención da femia para o apareamento.

Malia súa procedencia chinesa, o pato mandarín pode vivir asilvestrado en países europeos como Inglaterra ou Suíza. Segundo os autores González e Carrión (2000), a súa presencia en Galicia é accidental, debido a exemplares escapados da catividade. Poden tratarse entón, de cimarróns procedentes de Inglaterra, Holanda e Suíza.

Logo dun tempo, o pato mudou de ubicación en varias ocasións, ata que deixou de ser avistado. Pero recentemente foi visto outra vez nas inmediacións da Salga. Descoñecemos si se trata do mesmo pato que o do 2006, ou si este tivo descendencia no seu momento. O que si sabemos é que está rexistrado, pois ten un anel nunha das súas patas. Así pois, axiña será posible coñecer un pouco máis sobre a vida e os comportamentos deste singular patiño.

5 respostas a “O PATO MANDARÍN QUE VIVE NA AROUSA

  1. Ola Susi! Veño que dar casualmente co teu blogue. Interesante rexistro do pato mandarín, non coñezo outra observación na zona da ría de Arousa… a máis próxima en Pontevedra cidade. Así e todo, semella un escape de cativididade, e o feito de estar anelado na pata dereita reafirma esta sospeita. En que data exacta foi? Dis na Salga na Illa de Arousa. Un saludo desde O Grove vía Coruña, Damián

    • Ola Damián! A foto ten data do 29 de marzo de 2013. Efectivamente, na zona da Salga, moi preto do Regueiro. Daquela eu non vivía na Arousa e non puden “vixialo” máis, pero moita xente me sigueu dicindo que o vira, aínda que agora xa fai tempo que non sei nada del. Moitas gracias polo comentario e un saúdo dende a Illa de Arousa.

  2. Espectacular! Pois a ver si colle arraigo na Arousa e cría a súa familia, aínda que coas últimas leises de inmigración non llo vexo nada doado… 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s