Os domingos pola mañá xa non son o que eran. Dende fai xa bastante tempo a esta parte, a proliferación de bares e do coidado que empregan estes na elaboración das súas tapas, fixo que a clásica “hora do vermú” viva un momento de máximo esplendor.
Como dicimos, isto débese a un impulso común dos hosteleiros da Arousa, sobre todo pola súa particular competición por ser os que poñen as mellores e máis sorprendentes tapas. Có seu esmero e bó facer conseguiron reactivar as mañáns domingueiras, algo que non fará máis que ir a máis coa chegada do bo tempo. Tanto é así que o perfil do usuario desta franxa social cada vez é máis variado. Incluso nos consta que moita xente nova apura máis as saídas nocturnas no sábado para poder ir ó día seguinte a tomar algo ás terraciñas.
Gustaríanos nomear a todos e cada un destes bares, pero non nos imos atrever por medo a que nos ocorra a inxustiza de que algún nos quede atrás, como seguramente ocorrería. O que sí podemos dicir é que hai tres zonas fundamentais: o Chufre, o Regueiro e o Campo. Alí podemos atopar as tapas de sempre, como a empanada, como máis innovadoras: raia con patacas, ovos con chourizo e pan de millo, ostras, camaróns, xamón asado, ovos de paspallás… a variedade é interminable e as posibilidades, inmensas. Tan so hai unha tapa imprescindible que tradicionalmente debe estar presente todos os domingos, sexa cal sexa a época do ano. Si, adiviñaron ben, trátase da tapa de callos.
un alivio saber que cando vaia pola zona, non terei que renunciar á miña hora dos viños! (tapa de callos incluída) 🙂