O ESTADO INDEPENDENTE DA ILLA DE AROUSA DE 1934. ASÍ O CONTARON OS XORNAIS.

O episodio do Estado Independente da Illa de Arousa é por dereito propio un dos favoritos dos veciños. E é que non é para menos enorgullecerse de que unha illa tan pequena fora capaz de tal xesta. Fai un tempo, os nosos queridos “Pandulleiros” achegábannos un relato excepcional sobre o tema, unha lectura que nunca nos cansaremos de recomendar, por ser ademáis unha gran maneira de coñecer os feitos á maneira dun relato literario.

A pesar de que todo comezou como unha broma de taberna (a saber cantos estados independentes se proclaman cada día nos bares), o asunto, como todos sabemos, chegou a tomar un xiro moi serio. Aínda así, todos os detidos estaban en liberdade unha semana despois dos feitos e o caso foi sobreseído un ano despois.  Así pois, o que puido acabar coma unha simpre anécdota, ocupou daquela espazo en xornais de tirada nacional.

Grazas ó servizo de hemeroteca que ofrecen os xornais La Vanguardia e ABC, todos podemos ter acceso ás singulares interpretacións que se fixeron dos feitos. O primeiro que chama a atención é a linguaxe utilizada. Nos dous xornais fálase de “bandera roja”, “comité revolucionario” ou “comunismo libertario”. A primeira nova respecto ó tema aparece no xornal La Vanguardia, o 11 de outubro de 1934:

“Hoy se ha sabido que el sábado los revoltosos de la Isla de Arosa izaron la bandera roja. A bordo de una embarcación llegaron a dicha isla fuerzas de Seguridad y carabineros, y al ver que el muelle estaba lleno de gente, hicieron disparos para despejar aquellos lugares, lo que consiguieron.Fue detenido el Comité revolucionario y la tranquilidad quedó restablecida.”

No ABC, a nova non aparece ata o día 2 de novembro:

“Fuerzas de Asalto se trasladaron a la isla de Arosa para detener a varios vecinos que el día 6 proclamaron allí el comunismo libertario. Los complicados, al ver llegar a los guardias, tomaron una embarcación y se internaron en el mar. Ayer de madrugada volvieron las fuerzas y lograron detener a seis de los sediciosos.”

Como podemos ver, en ningún caso se fai referencia ó Estado Independente. Os feitos eran chamados directamente “comunistas”, semella que nun afán de radicalizar o sucedido. Lembremos que o termo “comunista”, nada ten que ver có significado de hoxe en día. Naquela época o comunismo estaba totalmente demonizado, algo que, como ben sabemos, ía alongarse no tempo posteriormente.

Sen dúbida, o relato máis esplícito e sorprendente atopámono de novo en La Vanguardia, na súa edición do 3 de novembro:

“Han salido fuerzas de asalto para la isla de Arosa, con objeto de detener a varios vecinos que el día 6 del pasado mes habían proclamado allí el comunismo, izando la bandera roja y obligando al párroco a acatar el régimen. La bandera fue izada en la torre de la iglesia, porque non existe ningún edificio público. Cuando los complicados vieron acercarse la embarcación que conducía las fuerzas huyeron en otra embarcación mar adentro. Las fuerzas de asalto hicieron ver que se retiraban y volvieron de sorpresa de madrugada, logrando detener a seis supuestos complicados en el hecho.”

Semella que si existe un episodio relacionado coa igrexa, no que incluso se asarían sardiñas no altar. Pero na “Historia de A Illa de Arousa”, de Xose Lois Vila Fariña e Xoán Dopico Orjales, que xa fai tempo proclamamos como a nosa “biblia” particular, non se lle da demasiada veracidade. Algúns veciños si que acudiron a toca-las campás, pero era este o sistema utilizado para chamar á reunión ó pobo. De curas sometidos e bandeiras vermellas ondeando na torre da igrexa non se comenta absolutamente nada, motivo máis que suficiente para dubidar da veracidade deste feito.

Unha vez postos en situación coa realidade política e social daquel ano 1934, debemos ter en conta que era unha práctica habitual utilizar feitos coma estes, para esaxeralos e facer propaganda con eles.

Nos, pola nosa parte, temos o orgullo que vivir nunha Illa que en tempos difíciles puido proclamarse Estado Independente. E puido porque houbo autoridades que o así o creron.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s