Imaxínense por un intre que se atopan nos finais do século XIX ou nos principios do XX. Pensen no sufrimento de carregar con quilos e quilos de millo enriba dun carro. Cómo de longas e frías habían de ser aquelas noites no muíño. Quizáis tanto, que pola capacidade de adaptación e supervivencia do ser humanos, foron capaces de inspirar esas cantigas que todos coñecemos, e que son capaces de ruborizarnos só con escoitalas.
O de Abalo, en Catoira, é un conxunto de muíños único. En primeiro lugar, porque os muíños de vento non eran moi comúns na nosa zona. Aínda que nós na Arousa temos o privilexio de contar con un, que é un dos elementos máis importantes dos que constituen o noso patrimonio. A boa conservación dos muíños de Abalo, son unha gran axuda para coñecer algo máis da arquitectura pasada do noso muíño de vento.
O muíño “Monte Mesón” é o mellor conservado. Cómo podemos ver, aínda posúe as súas aspas ou abanos.
Como era de esperar, cando no val fai un día de calma e calor , no outeiro onde están os muíños un vento chirriante sopra con violencia. Non é de estrañar que sexan ata tres os muiños que alí se atopan, e de que os tres gozaran de gran actividade. Como se pode observar, o outeiro ofrece unhas espectaculares vistas á Ría.
Ó igual que o muíño da Arousa, os muíños de Abalo son construcións moi sinxelas. Son de planta circular e están construídas de granito. As aspas e as portas eran de madeira, mentres que o tellado estaba cuberto de tellas e pedras, materiais pesados en todo caso, pensados para non sucumbir á acción do vento.
Irónica imaxe na que podemos ver xuntos exemplos de muíños de vento de onte e de hoxe. Seguro que os irmáns modernos dos muíños de Abalo nunca contarán có mesmo aprecio có que hoxe conta este complexo.
Aquí vemos o interior do muíño que está en peor estado de conservación. É o único que non xa non ten tellado, pero no seu interior, ainda que semella unha escombreira, pódense recoñecer elementos da antiga edificación.
Os muíños foron restaurados fai 20 anos. É unha desas visitas esquecidas, pero imprescindibles, un exemplo máis de que non é necesario desplazarse moitos quilómetros para atopar fermosos recunchos con encanto. Iso sí, debemos insistir en que pode non tratarse dunha visita moi cómoda, pois a presencia do vento é constante alí, pois o vento é, como non podía ser doutra maneira, é o último morador dos muíños de Abalo.
Pingback: Os muiños de vento de Abalo, en Catoira: Unha cercana visita ó pasado
moi bó traballo.
Moitas grazas, Zeltia! Sempre me alegran moito os teus comentarios e son unha gran admiradora do teu traballo. Non son moi expresiva no mundo virtual, pero xa era hora de que cho agradecera!
Moi interesante este post!. Non sabía da súa existencia