Chegan unhas datas moi especiais, máis aló de festexos relixiosos e de afáns consumistas, non se pode negar que algo fermoso se impregna nas nosas almas cando chega o solsticio de inverno. Non é nada novo. Ocorre e celébrase dende o principio dos tempos. Có solsticio de inverno finaliza unha época de escuridade, de días curtos e tristes, para dar lugar a unha nova época de luz e esperanza, porque, a quen non lle mellora o humor cando os días se van facendo máis longos?
Nesta ocasión, a nosa Aguamorta trasladouse ata o Con do Navío para celebrar estas datas. Non, non ten nada que ver coa enigmáitca Stonehenge, unha formación craramente de orixe humá consistente en megalitos trasladados ata alí, quén sabe cómo. O noso Con do Navío, en cambio, é un afloramento, espectacular afloramento, do rochedo granítico sobre o que nace a nosa Illa.
Trátase dun dos complexos rochosos máis espectaculares da Arousa debido ás súas grandes dimensións, con razón os arousáns da época descubriron alí a chegada dos perigosos homes do norte. Os seus arredores serven de cobixo a confiados coellos, que por momentos esquecen que as xentes poden chegar até alí. Polo demáis, un cálido misteriro envolve ó Con do Navío durante o solpor e por momentos ata estranos efectos sonoros eólicos o envolven. Que pasen vostedes unhas moi felices festas.
Feliz solsticio de inverno !.