Qué tantos choros e disgustos causaba nos nenos a primeira vez que ían alí e qué nolstalxia causa anos despois aquel lugar que tanto nos marcou nas nosas vidas. A nosa escola, o Grupo, fai 50 anos. E para celebralo, estes días recréase unha aula moi semellante á de fai 50 anos, ademáis de haber tamén unha exposición que percorre todos aqueles anos a través dos seus estudantes, mediante fotos cedidas polos pais dos estudantes actuais.
A exposición está aberta para todo o mundo, iso si, recoméndase que acudan mellor polas tardes, para non distraer das súas leccións ós nenos. Por desgracia, temos que denunciar tamén dende aquí as mans largas dalgúns asistentes, que se levaron fotografías e deixaron con ocos valeiros gran parte da exposición. Lembren que son fotografías que ten moita xente, e que é doado conseguilas, sen necesidade de privar a ninguén de observalas.
Con motivo do aniversario tamén se están dixitalizando vídeos que se poden ver na canle do Youtube do colexio, onde seguramente moitos de vostedes poden atoparse. Gustaríanos lembrarnos de todos os mestres, que son moitos os que marcaron unha época, ou están marcando. Pero ante o risco de cometer imperdoables olvidos, non o imos facer. Sirva na súa representación a figura de Miguel, un mestre novo e estusiasta que chegou ó Grupo nos anos 80 e que agora é xa o máis veterano dos que están alí.
A exposición de fotografías lévanos a unha viaxe no tempo de 50 anos de duración. Imaxes de estudantes e mestres a través de distintas xeneracións. Tampouco falta, como non podía ser doutra forma, a presencia da mítica porteira Luísa, xubilada fai poucos anos. Aparece nos seus anos de estudante, aínda que estes non tiveron lugar no Grupo.
Tampouco falta a presenza de moitos dos que nos deixaron antes de tempo, así como a querida Sor Aurora, ou a nosa entrañable Sor Riquiña, que entre as súas numerosas actividades, tamén estaba a de ser mestra no Grupo. Moitas son imaxes dos Antroidos, datas moi especiais e moi celebradas no colexio, e moitas son tamén de excursións e viaxes, como un mítico realizado nos 80 ó Congreso dos Deputados. Naquela ocasión tratábase dun premio gañado polos estudantes por un traballo realizado.
O Grupo tiña tamén a súa particular casa encantada, a casa de Mascareñas. Tratábase dunha casa que ficara dentro das instalacións escolares e que pertencera a un antigo médico chamado Mascareñas. Nas horas dos recreos aquela casa era unha gran atración para moitos rapaces, como escenario das súas aventuras. Có tempo chegou a estar ruinosa chegando a supoñer un grave perigo para os rapaces e un problema inabarcable para os mestres. Finalmente foi derruida para construir no seu lugar o actual Polideportivo.
E agora, 50 anos despois, é oda unha gran satisfación ver de novo a nosa escola, mellorada e gozando de gran saúde, e formando ás novas xeneracións de arousáns. Vémonos dentro doutros 50 anos… e máis o que queda.
Grazas
Pódese visitar a exposición? Si é así en que horario? Grazas.
Ola! Na páxina web do cole recomendan ir pola tarde en horario de 16.00 a 19:00 horas,
http://www.edu.xunta.es/centros/ceiptorreilla/