Dende o pasado venres e durante todo o mes de xullo, a nosa Aguamorta irá máis aló do mundo virtual, para tomar forma física mediante unha exposición pictórica, que ten lugar na sala de exposicións do Auditorio da Illa de Arousa. “A viaxe da Aguamorta”, é unha coleción de 20 lenzos que fan un percorrido pola Illa de Arousa no espacio e no tempo. Non queremos perder a ocasión de agradecer a presenza de todos cantos se achegaron á inauguración o pasado venres. Así como temén facer un agradecemento especial a Xoán Dopico por toda a súa gran axuda durante os preparativos da exposición, e tamén a María e a Dani, do bar O Museo, por cedernos un pedaciño da súa fermosa terraza para a ocasión.