O PASO DO MEXILLÓN DA RÍA POLO PROGRAMA “MASTERCHEF”

O existoso programa gastronómico de TVE, Masterchef, está a piques de celebrar a súa gran final. Pero o programa, antes de chegar a ese punto, tivo unha parada moi importante no Grove. Xa no mes de marzo, os xornais se facían eco da presenza do equipo de gravación do programa no peirao do Grove. Todo respondía a unha campaña de publicidade que partía do concello da vila e da Xunta de Galicia.

Non se pode negar que a función de publicidade foi ben levada a cabo polos chefs e a presentadora do programa, pero no que se refire á comida ofrecida, pódese falar dun dos resultados máis desastrosos de toda a sua historia.

Os concursantes coñecen de preto o mexillón.

Os concursantes coñecen de preto o mexillón.

O periplo de “Masterchef” pola nosa terra comezaba con fermosas imaxes e non menos fermosas palabras da Ría e do Grove, onde centraba a sección do programa. A continuación, os concursantes embarcaban no “Chapelo”, convidados polo seu capitán, Alexandre, con gorra de Amegrove á cabeza. Tras unha breve explicación do cultivo do noso bivalvo insignia, os concursantes semellaban encantandos. Tanto é así que unha das concursantes, Vicky, incluso chegou a afirmar que con esa materia prima seguro que ós comensais lles ía encantar todo canto lles preparasen. E esa confianza xa facía que non se vaticinara nada bó.

A continuación chegaba a proba por equipos. Realizouse no restaurante de Pepe Vieira e consistía nun banquete, que serviría tamén de homenaxe, a un grupo de mexilloeiros e mariscadoras do Grove. O menú consitía, para un dos equipos, en empanada e mexillóns á mariñeira, mentres que o outro equipo prepararía empanada tamén e sopa de mexillóns. E isto xa era un tanto inusual, xa que en probas similares sempre se sirve, polo xeral, un entrante, un prato principal e un postre ós comensais, e non dous entrantes, coma neste caso.

O concursante Mateo.

O concursante Mateo.

Durante a preparación de tan laborioso menú, os concursantes xa familiarizados con esferificacións, nitróxeno líquido, reducións e demáis, víronse en serias dificultades para elaborar a empanada que as nosas nais e avoas cociñan tantas veces nos nosos fogares. Todos os concursantes tiveron un día moi desafortunado, pero este aínda foi peor para o concursante Mateo, capitán do equipo azul, que contaba coa vantaxe de ter a un membro máis nas súas filas que o equipo vermello.

Un dos grandes fallos que sentenciaron a nefasta actuación de Mateo e o seu equipo chegou cando un dos chefs do programa, vendo que non acababa de poñer a empanada no forno, lle preguntou, -“Tí canto pensas que tarda en facerse unha empanada?”- ó que o rapaz contesta -“10, 15 minutos”, e o chef ábrelle os ollos -“bótalle 40!”

Pero as contas non só lle fallaron nese sentido ó equipo azul. Faltando xa moi pouco para que rematara o tempo, percátanse que non hai mexillóns suficientes para rematar os pratos, polo que a correr se poñen a cocer máis. Pero o tempo non lles chega, polo que deciden quitar os mexillóns da empanada para facelos á mariñeira. Obviamente, as contas seguían sen dar, dando lugar a unha gran escaseza de mexillóns nos dous pratos.

No caso da empanada, cociñaron o rustrido facendo a parte a cebola e o pemento sen que ninguén se explicara porqué. Pero o peor chegaría cando o finalizar a coción da última empanada, un gran cacho se lles estragou ó intentar sacala da bandexa do forno. En consecuencia, seis comensais ficaron sen probala, algo inaudito, e incluso impensable, noutros capítulos de “Marterchef”.

Chefs do programa.

Chefs do programa.

Aínda así semella que pouco foi o que se perderon: unha empanada cruda, insulsa e con escasos mexillóns. O equipo vermello, aínda que gañou a proba, non correu mellor sorte. A empanada tiña defectos similares ós do equipo azul e a súa sopa de mexillóns, que nun principio ía levar tamén mero, quedou reducida a unha triste caldo con dous ou tres mexillóns por ración flotando.

O mellor de todo, foron as reacións dos mexilloeiros e mariscadoras que estaban alí. Con gran educación, foron moi correctos e medidos nas súas críticas, pero as súas caras dicíano todo. Os camareiros, tamén concursantes, tentaban aparentar alegría e presentaban con moito entusiasmo os pratos, pero eso era moi pouco para convencer ós comensais. Especialmente reveladora foi a cara de tristeza dunha mariscadora ante a empanada que lle acababan de servir.

Por último, se sinten mágoa do concursante Mateo, dicirlles que non teñen de qué preocuparse. Ó rapaz, só ten 20 anos, non se lle dan moi ben as empanadas, pero aínda así chegou á final, que se celebrará a próxima semana.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s