Carreirón nunca deixa de ser un lugar ateigado de sorpresas, coma un espazo inacabable onde o visitante sempre descubre algo novo. Normalmente debido a aves, que tanto fuxen e non se deixan ver, como que se dedican a revoar sobre un. Ou polas intensas cores da vexetación, tan diferentes segundo a época do ano, ou ese mencer, ou ese solpor, que nunca antes se nos dera por observar.
Pero nesta ocasión non é un froito da natureza a que fai que desviemos a nosa atención, senón un conxunto, que poderíamos dicir “escultórico”, aínda que resulta ben difiícil de definir. Trátase duns troncos encravados na area da praia, e moi ben plantados, diríamos, pois alí se erguían axenos ós fortes ventos destes días.
Unha figura destaca de entre o resto, un tronco delgado e o máis alto de todos. Semella querer ser un cruceiro, quizais nunha versión marítima, cunha nasa colgando no alto. As outras figuras tampouco desmerecen e a ningunha lle falta detalle de adornos de cunchas, piñas e demais.
Descoñecemos a qué se deben. Serán os xogos infantíns duns nenos, ou pode que a obra dalgún artista experimental. En todo caso, o conxunto, lonxe de pasar desapercibido, xoga ó despiste nunha das praias de Carreirón. Pode resultar unha imaxe inquedante, polo que é mellor non velo a certas horas…
Lixo encastillado, se hai que sacar unha conclusion e que a xente teria que tirar o mar menos merda.
Non deixa de ser curiosp