O IMPERIO CONTRAATACA NA AROUSA

A concentración de cometas na praia do Bao na Illa de Arousa, ven xa sendo unha tradición anual cando chega setembro. O evento está creado pola Asociación Por Dereito, dedicada a axudar ós nenos autistas e a darlles visibilidade ós problemas ós que se enfrontan cada día. Este ano, os nenos e a Asociación estiveron acompañados por uns invitados moi especiais, nada máis e nada menos que por Darth Vader e o seu séquito de soldados imperiais, da saga cinematográfica “Stars Wars”. E é que de seguro que para eles, a Tropa Korribán, tamén foi unha tarde inesquecible.

Todo hai que dicilo, a negra e alta figura de Vader non invitaba ós nenos de primeiras a ir a abrazarse a el. Os nenos achegábanse tímidamente e moitos foron os que rexeitaron fotografarse có villano de Stars Wars. Pero moitos, en canto colleron confianza, comezaron a arremuiñarse sobre el, tanto, que incluso houbo quen dixo que “parecía Cristiano Ronaldo”.

Debido á ausencia de vento, o número de cometas non foi tan alto como noutras ocasións. Pero iso non fixo deslucir unha tarde festiva, con climatoloxía de verán, e, sobre todo, solidaria. Para máis información sobre a Asociación Por Dereito, poden consultar aquí: pordereito.blogspot.com.es

cometa2

cometa3

cometa4

(imaxe: Marcos Cancelas Dozo)

cometa5

(imaxe: Marcos Cancelas Dozo)

cometa6

cometas1

Unha resposta a “O IMPERIO CONTRAATACA NA AROUSA

  1. Mui boa iniciativa.
    Eu hai dous anos estiven acampado en setembro na illa e mirei un feixe de papaventos no aire. Supoño que sería a actividade esta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s