“GYMKANA” FOTOGRÁFICA POLA ILLA DE AROUSA: DEPORTE, DIVERSIÓN E DE BALDE PARA A TARDE DO VINDEIRO MÉRCORES

Plano do perímetro da proba.

Plano do perímetro da proba.

Hoxe traemos ata vostedes unha opción de lecer para esta semana de vacacións. E atrevémonos a recomendarlla porque se trata dun evento que promete ser divertido e de balde. Falamos da “Gymkana” fotográfica pola Arousa. Terá lugar o mércores a partir das catro da tarde, partindo da praza do Regueiro. Para participar o único que terán que facer é presentarse alí a esa hora. Só se require ter un teléfono móvil con cámara de fotos e conexión a internet e pódese participar en grupo ou por separado.

A inciativa parte dun grupo de rapazas arousanas que buscaban ofertas de lecer para a Semana Santa que non implicara gastar moitos cartos. E así foi cómo xurdiu a idea da “gymkana”. Cóntannos que xa fixeron algo semellante cando estudaban en Santiago, e pensaron que, si foi divertido alá en Compostela, canto máis divertido vai ser na Arousa. Nun primeiro momento pensaron en facer a “gymkana” elas soas, pero despois ocurriuselles convidar a máis xente aproveitando as redes sociais, pois “cantos máis participemos, mellor o imos pasar”, según unha das rapazas.

Para facer a proba, crearase un multitudinario grupo de “whatsapp” para todos os participantes. Neste grupo irán aparecendo diferentes fotos de detalle de distintas partes da Arousa, (unha porta, un cartel, etc.) que están integradas dentro dun perímetro determinado (na imaxe poden ver o plano do mesmo)

. Os participantes terán que adiviñar e buscar o sitio onde se encontra cada foto e quitar unha o máis semellante posible á foto proposta. E si xa se fai con “selfie” incluido, pois mellor.

Gañará o primeiro grupo ou persoa que, obviamente, logre identificar todas as fotos. Iso si, o premio será, ademais da honra, pasar unha tarde de deporte e divertida. Así pois, xa saben, o mércores ás catro da tarde poñan as súas roupas e calzado máis cómodo e acudan ó Regueiro. Porque,… coñecemos tan ben a Arousa como cremos?

Para máis información e dúbidas, poden consultar o evento de Facebook,

https://www.facebook.com/events/838827526191226/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s