O CON DO MOUCHO: O SEU NOVO MURAL XA É TODO UN SÍMBOLO

mural

O popular bar da Arousa “O Con do Moucho” estreaba fai unhas semanas un mural que preside a súa terraza e que, case pouco despois, xa se convirteu nun dos grandes símbolos das nosas rúas. O mural está confecioado a base de mosaico e pintura e mostra a figura dunha serea. Está inspirado no deseño de Castelao para o escudo de Galicia, moi coñecido polo seu lema “denantes mortos que escravos”. Nesta ocasión, o lema escollido foi, como non podía ser menos, “moucho pó peito”. E no escudo aparece representado un moucho, ave que da nome á rúa e ó bar. Baixo o tridente que porta a serea podemos ver a firma do autor, “Lasko”, que ven sendo o diminutivo de Nicolás Iglesias. Nicolás descubriu a súa inquietude pola creación fai xa anos, durante un obradoiro de albañilería. Gran admirador do universo daliniano, a súa obra acada a súa gran expresión, ata o de agora, de portas para adentro da súa casa. Pero o novo mural do Con do Moucho non é a única obra que podemos admirar del, pois no propio Con do Moucho, no interior do bar, podemos ver unha columna que emula a cheminea dunha fábrica, tan habituais que foron antigamente na Arousa. Na parede podemos ver tamén unha guitarra que emula un peixe nadando. Así pois, moitos parabéns ó Con do Moucho e ó autor do mural e oxalá que moi pronto podamos ver máis exemplos da súa xenialidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s