En 1879 Edison inventa a lámpada con filamento de carbón e soquete enroscado. Ese tamén á o ano no que aparece a primeira fábrica conserveira en Galicia, na Illa de Arousa, o que hoxe é chamado Centro de Interpretación da Conserva. E o seu responsable é Juan Goday Gual, tentando desbancar ás vellas fábricas de salazón e imitando unha nova maneira de conservación nada na cidade francesa de Nantes, a conserva en aceite.
Tan só dous anos despois, a fábrica recibe a visita do Rei Alfonso XII. E semella que tan contento ficou o monarca que pouco despois a fábrica é nomeada proveedor oficial da Casa Real. Tamén a raiz desa visita nace o proxecto de que a fábrica debería estar presente na Exposición Internacional de Pesca que se ía celebrar en Londres en 1883. En informacións aparecidas en diversos medios de internet poden vostedes ler que a exposición data de 1881, pero o certo é que non se celebrou ningunha exposición de pesca en Londres ese ano, pero sí dous anos despois.
O enxeñeiro e militar Andrés Avelino Comerma, natural de Tarragona pero residente en Ferrol, acudíu a Londres como representante da Mariña Española na exposición. E posteriormente escribiu un libro, case a modo de informe, narrando sen faltar ningún detalle de todos os aspectos do evento, dende a decoración, os productos, aparellos,… ata os discursos de clausura e medallas concedidas. Desgraciadamente, a presencia galega era ínfima e case nin se nomea, agás neste pequeno parágrafo no que o autor destaca a uns conserveiros de Coruña.
“El escaparate del extremo opuesto contiene conservas de varios pescados, el aceite y al natural, distinguiéndose a la vista los hermosos cascos de sardinas de los Señores Portal de Muros y Maristany hermanos, de la Coruña, la magnitud y pescadores de los países del Norte creen a primera vista que son arenques, pues aquí no se conocen las sardinas de ese tamaño.”
Iso si, a factoría arousana ía levarse a medalla de ouro daquela convención, na que tamén participou como anfitrión o naturalista Leonard Huxley, pai do famoso autor de “Un Mundo Feliz”. E non ía ser o último, pois en anos sucesivos a Fábrica de Goday aínda había de levar máis premios en seguintes exposicións, como por exemplo, na Exposición Universal de Barcelona de 1888.