“AUREANAS”, AS BUSCADORAS DE OURO DO SÉCULO XX

Non son poucos os oficios ancestrais que chegan até os nosos días, ou case. Porque as “aureanas”, aquelas mozas que buscaban ouro na provincia de Ourense, abandoaron a súa actividade fai xa máis de 50 anos, aló polos anos 60 do século pasado. Elas foron as heredeiras da explotación do ouro no Río Sil, coñecida xa dende as épocas castrexa e romana.

No libro “Etnoarqueología: Conocer el pasado por medio del presente“, de Juan Manuel Váquez Varela, coñecemos a historia destas mozas, provintes da pequena aldea de Pumares, no Barco de Valdeorras, aínda que se coñece que esta actividade era practicada tamén en outras zona de Ourense e tamén de Pontevedra.

Buscadoras de ouro en plena faena. Imaxe: santoestevo.com

Buscadoras de ouro en plena faena. Imaxe: santoestevo.com

As “aureanas” comezaban esta actividade moi novas, casi adolescentes, e eran as máis maiores as que lles aprendían o oficio. Todas elas eran solteiras, agás alguna viúva con escasos recursos. A busca de ouro tiña lugar tan só nos meses de verán e traballaban en interminables xornadas que ían dende a mañán moi cedo ata ben entrada a noite. Traballaban en grupo, se ben os beneficios eran individuais. Percorrían longos tramos do río que ían dende Quiroga e que incluso chegaban á provincia de León. Traballaban durante toda a semana e xa na fin de semana regresaban a Pumares.

Tramo do río Sil.

Tramo do río Sil.

O traballo consistía fundamentalmente en recoller o sedimento, que depositaban nun “prato” de madeira. Metíano na auga e con axuda de pequenos movementos circulares, os grans de ouro ían ficando no fondo. As “aureanas” adoitaban deixar o traballo unha vez que casaban, xa que as súas novas obrigas no fogar impedíanlle realizar a actividade. Sempre recollían cantidades de ouro moi modestas, e xamáis se soubo de ningunha que se fixera rica. O único luxo que se permitían de cando en vez era gardar para sí algún gran de ouro para facerse unha pulseira ou un anel.

Esta actividade cesou nos anos 60 debido á construción de embalses ó longo de todo o río.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s