O venres pasado fomos invitados á escola de verán Marexada para falar cós nenos sobre un episodio da Historia da Arousa: a orixe do Carcamáns. E, por suposto, aceptamos encantados, claro que temos que recoñecer que nun primeiro momento non fomos conscientes do reto que supuña tal cousa. Cómo explicar a nenos nas máis enérxicas idades un relato sobre Historia, ateigado de nomes, datas e fotografías en branco e negro? Pois non sabemos moi ben cómo, pero debemos enorgullecernos de que foron varios os momentos do noso relato no que logramos atraer a atención dos nenos. E non so iso, senón que tamén logramos espertar a curiosidade de moitos nenos que nos preguntaron sobre ese anaco da nosa Historia. Un neno incluso me preguntou se eu mesma estivera na Guerra (da Independencia). Pois si que me fago maior…! En definitiva, foi unha experiencia moi especial e moi recomendable para eses días nos que os niveis de enerxía son baixos, porque os nenos de Marexada son capaces de espertar toda canta adrenalina permanece durmida! Como non podía ser doutro xeito, quixera aproveitar para felicitar ós mestres de Marexada, Thais, Espe, Miguel e Laura, por este verán no que ensinan cousas que nunca se aprenderán nos colexios convencionais. E pola miña parte, un enorme agradecemento por facerme sentir coma na casa.
Grazas Susi por tan enriquecedora aportación ós nosos cativos, e parabéns por saír viva dun encontro con feras tan perigosas… 😉
Gracias, Paco!! por sorte, foi moito mellor do que esperaba e paseino moi ben!
Gracias de novo Susi.
As portas das escolas deben estar abertas para que o coñecemento vaia e veña. Xente coma ti tedes moito que aportar. As visitas de Marexada supoñen varias cousas: apredizaxes diversas, práctica de comportamentos sociais e cívicos, información, coñecemento, motivación, novidade, ilusión, recordo… Cómo pechar a porta a todo isto? Un abrazo! 😉
Gracias Thais!!! Estou encantada coa experiencia, espero que teñamos oportunidade de repetir colaboracións moi pronto e, de novo, moitos parabéns ós catro pola vosa labor!!!