Pode que algún día, si se atopan no peirao do Chufre nunha tranquila noite, se lles dea por observar o mar hipnótico e se sorprendan cós saltos dos muxes, mentres ó fondo se escoita un guindastre sacando mexillón para a fábrica. Pode que entón, non sería vostede o primeiro, pode que aviste algo que polas súas dimensións non debería estar alí. Pode que lle lembre a un crocodilo, pola súa cabeza e pescozo alongados aparecendo na superficie. Pero despois, a lontra mostrará a súa cola arqueada e entón seguramente nos recorde máis a un pequeno dinosaurio.

Imaxe: Marcos Cancelas Dozo
Non é pouco o tempo que se leva falando da existencia destes animais mamíferos en diversas zonas de Arousa, pero en concreto no Chufre, os avistamentos aumentan considerablemente. Xa fai moitos anos que se leva falando da súa presencia alí. De feito, un día do Carme pola noite, a lontra fixo acto de presencia quitándolle todo o protagonismo ós fogos de artificio que despedían as nosas festas do vran. E xa non se trata só dunha lontra solitaria, senón tamén de pequenas crías ás que viron nadando tranquilamente onde antes tamén o facía a súa nai.

Este é o aspecto da lontra que vive no Chufre. http://www.wikifauna.com
As lontras prefiren os ambientes marítimos e ata poden permanecer mergullados seis minutos. A súa dura pel fai que lles sexa doado soportar baixas temperaturas, polo que lles resulta posible esta maneira de vida. A súa presenza no Chufre, polo xa dito, non semella accidental de ninguna maneira, é máis, foi avistada tamén en outras zonas da Arousa, entre outras Carreirón.
Seguramente sexa máis fácil vela do que se supón nun principio, polo que lles pedimos, que seguro que non fará falta, que sexan uns bos anfitrións e sexan respectuosos con este espectacular animal. Iso si, cando lles toque vela, non fagan coma nos e, por favor, consigan a foto.
A do Xufre non a mirei nunca (ainda que a lancha do meu tío era o sitio preferido dela para xantar peixe e deixar dentro o restos así cómo algún outro regalo), pero a que sí mirei (e incluso conseguín fotografiar có móvil) é a do Cabodeiro, saindo da auga e meténdose no medio dos piñeiros que están diante dos pisos, igual é onde aniña.