O ALMANAQUE DA COFRADÍA: A FOTO QUE ACOMPAÑA 2016.

almanaque

Almanaque da Cofradía 2016.

Existe un dos clásicos do Nadal da Arousa que chega nesas datas para quedarse. Trátase do xa tradicional almanaque da cofadría, que durante décadas ven ilustrando as mareas e as fases da lúa con diferentes imaxes. Este ano, tal e como pasou o ano pasado, o autor da fotografía é Dani Gondar Rial. De novo trátase dunha foto nocturna, pero esta vez da ponte retratada dende a praia. A parte da beleza en si mesma, a escena está cargada de interesantes detalles, como o cartel reinvindicativo e xa clásico da Arousa, o famoso “prohido mariscar”, que contrasta coa apariencia de noite tranquila na que a elegante curva da nosa ponte traza o seu percorrido. E tampouco falta un dos habituais pescadores que asiduamente ateigan a ponte, xa que ha de ser difícil atopar o noso viaducto sen algún deles. En todo caso, unha fermosa e representativa fotografía pola cal non podemos deixar de felicitar a Dani. Unha imaxe da que non nos chegará 2016 para aburrirnos dela.

PRAIA DA AREA DA SECADA: A ORIXE DO SEU NOME.

Praia da Area da Secada. Imaxe: Marcos Cancelas.

Praia da Area da Secada. Imaxe: Marcos Cancelas.

Trátase dunha das praias máis fermosas e espectaculares da Arousa, un deses lugares que ergue ese tópico de “paraíso”. E é que a praia da Area da Secada é unha das preferidas tanto por turistas como nós, ademáis de redondear un conxunto no que se inclúe o Faro, o Campelo, Punta Cabalo, Punta Barbafeita e o piñeiral da Bouza. Dotada de bandeira azul, ó longo da Area da Secada sucédense as súas transparentes e frías augas e as súas brancas e finas areas.

Pero o que tamén chama a atención desta fermosa costa é, precisamente, o seu nome. Un topónimo que, por certo, xa ven de antigo, pois a praia xa aparece así nomeada no mapa de 1811, elaborado con motivo da Guerra da Independencia.

Detalle da parte norte do mapa da Arousa da Guerra da Independencia de 1811.

Detalle da parte norte do mapa da Arousa da Guerra da Independencia de 1811.

Así pois, o nome de “Area da Secada” é unha evolución de “Sacada”, unha antiga arte de pesca. A Sacada só podía practicarse en lugares extensos, como é o caso da praia que agora leva o seu nome. Coa axuda de dúas embarcacións estendíase unha enorme rede dunha punta a outra da praia. Posteriormente arrastrábase cara a terra coa forza de homes e de dous bois que empurraban en cada extremo. Con esta arte pescábanse sardiñas para fornecer ás fábricas de salgadura. Pero xunto con todas estas capturas remexíase ó mesmo tempo os fondos mariños, levando por diante todo có que se atopaba. Polo tanto, a Sacada levaba consigo un gran custo medioambiental, polo que deixou de practicarse a principios do século XX.

Claro que, hoxe en día, non é difícil imaxinarse, nesa praia con forma de cuncha, esa enorme rede extendida, o que foi de seguro, un dos primeiros usos económicos dunha das praias con máis potencial turístico da Arousa.

OS NAMORADOS DO FARO DAS LÚAS

Cadeado no faro das lúas, no monte Lobeira. Imaxe: Marcos Cancelas Dozo.

Cadeado no faro das lúas, no monte Lobeira. Imaxe: Marcos Cancelas Dozo.

Qué estraño caso, o dos namorados, coa súa teima de demostrar continuamente as súas mostras de afecto. E que tan común, o símbolo dese cadeado lembrando un férreo e eterno amor, como ocorre nas pontes de cidades coma París ou Roma, onda este fenómeno é xa todo un problema por mor da saturación. Pero xa non son os únicos. Os cadeados proliferan en moreas de lugares próximos, e un dos máis fermosos e singulares é sen dúbida o Faro das Lúas.

Faro das lúas, no monte Lobeira en Vilanova de Arousa. Imaxe: Marcos Cancelas Dozo.

Faro das lúas, no monte Lobeira en Vilanova de Arousa. Imaxe: Marcos Cancelas Dozo.

Cunhas miraxes privilexiadas, có monte de Lobeira nun fronte, e a Ría de Arousa, coa completa visión da Illa e a súa ponte no outro, é xa un lugar de encontro para moitos namorados, e para moitos é o lugar onde deciden selar o seu amor, deixando nas reixas do miradoiro un cadeado cós seus nomes. E custodiándoos, aparece sobre eles a enorme escultura de aceiro representando tres lúas minguantes, proxectando luces diferentes segundo a hora do día. Pero protexendo sempre todas e cada unha historia de amor.

A FERVERZA DO TOXA. CAMIÑOS DE MISTERIO E NATUREZA.

(imaxe: Marcos Cancelas Dozo)

Na parroquia de Pazos, no concello de Silleda, atopamos unha das paisaxes fluviais máis espectaculares de Galicia. Aquí, preto da súa boca, o río Toxa salva un desnivel de máis de trinta metros. Para chegar alí, estreitos sendeiros son abrazados por carballeiras, bidueiros, salgueiros,… os sons da fauna mestúranse cós sons das augas, sinal de que a gran fervenza non está xa moi lonxe. O bosque rebosa das cores do outono, ateigados dos seus característicos verdes, ocres e marróns e as abondosas choivas dos últimos días dan lugar a un río cheo, inquedo e nervioso. Unha vez se chega alí, é inevitable que a nosa mirada fique hipnotizada por esa corrente que cae con violencia. Mais, seguro que non é mala recomendación que, por uns intres, pechemos os ollos e nos concentremos nos sons que nos rodean, deixándonos levar por esa outra forma de beleza, a dos sonidos, que tantas veces nos pasa desapercibida. Asegurámoslles que, durante todo o tempo que a nos Aguamorta permaneceu alí, todos os compoñentes da paisaxe que a rodeaba, tan fermosas e insospeitadas, rememoraban unha orixe natural. Máis, a través do misterioso obxectivo da cámara fotográfica, que tan a cotío é capaz de recoller tantas cousas que non podemos ver, desvelaron a presenza de criaturas misteriosas, currunchos gardiáns de segredos e camiños de destinos incertos. Unha razón máis para non perderse a nosa galería fotográfica.

A FERVENZA DO TOXA