“GYMKANA” FOTOGRÁFICA POLA ILLA DE AROUSA: DEPORTE, DIVERSIÓN E DE BALDE PARA A TARDE DO VINDEIRO MÉRCORES

Plano do perímetro da proba.

Plano do perímetro da proba.

Hoxe traemos ata vostedes unha opción de lecer para esta semana de vacacións. E atrevémonos a recomendarlla porque se trata dun evento que promete ser divertido e de balde. Falamos da “Gymkana” fotográfica pola Arousa. Terá lugar o mércores a partir das catro da tarde, partindo da praza do Regueiro. Para participar o único que terán que facer é presentarse alí a esa hora. Só se require ter un teléfono móvil con cámara de fotos e conexión a internet e pódese participar en grupo ou por separado.

A inciativa parte dun grupo de rapazas arousanas que buscaban ofertas de lecer para a Semana Santa que non implicara gastar moitos cartos. E así foi cómo xurdiu a idea da “gymkana”. Cóntannos que xa fixeron algo semellante cando estudaban en Santiago, e pensaron que, si foi divertido alá en Compostela, canto máis divertido vai ser na Arousa. Nun primeiro momento pensaron en facer a “gymkana” elas soas, pero despois ocurriuselles convidar a máis xente aproveitando as redes sociais, pois “cantos máis participemos, mellor o imos pasar”, según unha das rapazas.

Para facer a proba, crearase un multitudinario grupo de “whatsapp” para todos os participantes. Neste grupo irán aparecendo diferentes fotos de detalle de distintas partes da Arousa, (unha porta, un cartel, etc.) que están integradas dentro dun perímetro determinado (na imaxe poden ver o plano do mesmo)

. Os participantes terán que adiviñar e buscar o sitio onde se encontra cada foto e quitar unha o máis semellante posible á foto proposta. E si xa se fai con “selfie” incluido, pois mellor.

Gañará o primeiro grupo ou persoa que, obviamente, logre identificar todas as fotos. Iso si, o premio será, ademais da honra, pasar unha tarde de deporte e divertida. Así pois, xa saben, o mércores ás catro da tarde poñan as súas roupas e calzado máis cómodo e acudan ó Regueiro. Porque,… coñecemos tan ben a Arousa como cremos?

Para máis información e dúbidas, poden consultar o evento de Facebook,

https://www.facebook.com/events/838827526191226/

O IMPERIO CONTRAATACA NA AROUSA

A concentración de cometas na praia do Bao na Illa de Arousa, ven xa sendo unha tradición anual cando chega setembro. O evento está creado pola Asociación Por Dereito, dedicada a axudar ós nenos autistas e a darlles visibilidade ós problemas ós que se enfrontan cada día. Este ano, os nenos e a Asociación estiveron acompañados por uns invitados moi especiais, nada máis e nada menos que por Darth Vader e o seu séquito de soldados imperiais, da saga cinematográfica “Stars Wars”. E é que de seguro que para eles, a Tropa Korribán, tamén foi unha tarde inesquecible.

Todo hai que dicilo, a negra e alta figura de Vader non invitaba ós nenos de primeiras a ir a abrazarse a el. Os nenos achegábanse tímidamente e moitos foron os que rexeitaron fotografarse có villano de Stars Wars. Pero moitos, en canto colleron confianza, comezaron a arremuiñarse sobre el, tanto, que incluso houbo quen dixo que “parecía Cristiano Ronaldo”.

Debido á ausencia de vento, o número de cometas non foi tan alto como noutras ocasións. Pero iso non fixo deslucir unha tarde festiva, con climatoloxía de verán, e, sobre todo, solidaria. Para máis información sobre a Asociación Por Dereito, poden consultar aquí: pordereito.blogspot.com.es

cometa2

cometa3

cometa4

(imaxe: Marcos Cancelas Dozo)

cometa5

(imaxe: Marcos Cancelas Dozo)

cometa6

cometas1

30 ANOS DA VOLTA Á AROUSA

O pasado sábado, a Volta á Arousa celebraba a súa trixésima edición. Lonxe queda xa aquela primeira regata do ano 84 onde os participantes, afecioados á recuperacións das clásicas dornas que cada vez estaban máis apartadas coa aparición do poliéster, se reunían e decidían facer unha competición, máis aló dun simple paseo. Con isto, as dornas e a navegación tradicional non só aseguraba a súa supervivencia, senón que tamén nacía unha fermosa regata que non ía deixar de celebrarse ano tras ano.

Naquela primeira ocasión foron unha vintena de dornas as participantes, mentes que ata 45 foron as presentes nos sábado. A competición en si estivo moi lonxe do ambiente festivo que se podería supor. A meteoroloxía invitaba a unha proba de extrema dureza para dar a volta a unha Illa que, xa normalmente, nunca anda escasa de vento.

Abandonos, quillas arriba, un mastro roto e ata polémica. Á Volta á Arousa 2014 non lle faltou ningún ingrediente para ser unha competición de altura, ó que se une a súa importancia histórica e cultural. Foron máis de tres horas frenéticas que remataba cunha embarcación gañadora: a Jalerna.

_DSC0433_regatavoltaarousaXXX

_DSC0483regatavoltaarousaXXX_02

_DSC0436_regatavoltaarousaXXX

_DSC0430_regatavoltaarousaXXX

 

CARNAVRAN, MALIA TODO

Pouco faltou para que, neste ano, no Antroido de inverno houbese mellor tempo que no de verán. Pero finalmente, a choiva foi compasiva nesta ocasión e dou unha pequena tregua durante a noite, que non na madrugada, do sábado. Con todo, o Carnavrán consolídase, nesta súa terceira edición, como unha das datas imprescindibles do verán.

carnavran1

Non podemos deixar de agradecer ós nosos queridos MDA, os mosos da Arousa, que doaron a súa recadación do Antroido para a celebración do Carnavran, así como a colaboración do Concello e, sobre todo, os esforzos dos bares organizadores.

Pasaban xa das 11 da noite cando os dj de Kioto FM, comezaban a súa actuación e xa sobre a media noite a praza do Regueiro aparecía xa invadida por unha enorme masa de xente.

carnavran2

Como non podía ser doutro xeito, os disfraces máis populares nesta ocasión volveron a ser de temática do verán. Hawaianos, trogloditas, rapazas dos anos 50, deportistas,… e ata unha especie de bonecos similares ós que nos ensinaban na escola para aprender os músculos do corpo. E é que a imaxinación non tivo límites, pois non foron tamén poucos os disfraces improvisados, que finalmente acaban sendo tamén os que mellor resultado dan.

Agora, unha vez rematada xa a festa, só nos queda agardar a que este ano, ó contrario do ano pasado, tivera beneficios, pois non debemos esquecer a importancia dos números. Longa vida ó Carnavran!

A VIAXE COMENZOU

Dende o pasado venres e durante todo o mes de xullo, a nosa Aguamorta irá máis aló do mundo virtual, para tomar forma física mediante unha exposición pictórica, que ten lugar na sala de exposicións do Auditorio da Illa de Arousa. “A viaxe da Aguamorta”, é unha coleción de 20 lenzos que fan un percorrido pola Illa de Arousa no espacio e no tempo. Non queremos perder a ocasión de agradecer a presenza de todos cantos se achegaron á inauguración o pasado venres. Así como temén facer un agradecemento especial a Xoán Dopico por toda a súa gran axuda durante os preparativos da exposición, e tamén a María e a Dani, do bar O Museo, por cedernos un pedaciño da súa fermosa terraza para a ocasión.

expo1

expo2

 

expo3