TROFEO KOMAIRA 2015: OS DA AROUSA VOLVEN A PERDER.

unnamed

A pasada fin de semana tivo lugar unha nova edición do Campionato Komaira, que este ano chegaba á súa quinta edición. Atrás queda xa aquela competición onde se improvisaban equipos para participar de maneira informal. Có paso do tempo van sendo cada vez máis os equipos dos arredores que se apuntan a participar e a competitividade aumenta notablemente. No caso da final das mulleres un equipo participante foi o de Pontearnelas, con gran participación arousana, xa que no equipo xoga Noelia Pérez, da Illa, que marcou un gol na semifinal. Desafortunadamente para estas rapazas, pouco foi o tempo que puideron aguantar ás súas rivais, que acabaron gañando o partido contundentemente.

No caso da final masculina repiteuse o que xa é todo un clásico do Campionato do Komaira. O equipo da Arousa, este ano patrocinado polo Bar Barley, enfrontábanse “ós de fóra”, na súa maioría procedentes de Pontevedra. Cunha eterna camiseta laranxa, este equipo todos os anos esnaquiza todas as esperanzas arousanas. Os da Arousa gañan en xuventude e seareiros, pero o equipo laranxa sempre acaba por gañar de forma clara, e este ano tamén. E iso que aínda houbo tempo para a esperanza, xa que o equipo local chegou a ir por diante no marcador durante bastante tempo. Pouco importa dende a organización que os fermosos trofeos confecioados pola xoiería David se vaia máis aló da ponte, xa que, como eles mesmos confesaban “son boa xente”. Por outra parte, na xornada de onte os verdadeiros gañadores foron o deporte, a festa, e o fermoso galeón Komaira.

“GYMKANA” FOTOGRÁFICA POLA ILLA DE AROUSA: DEPORTE, DIVERSIÓN E DE BALDE PARA A TARDE DO VINDEIRO MÉRCORES

Plano do perímetro da proba.

Plano do perímetro da proba.

Hoxe traemos ata vostedes unha opción de lecer para esta semana de vacacións. E atrevémonos a recomendarlla porque se trata dun evento que promete ser divertido e de balde. Falamos da “Gymkana” fotográfica pola Arousa. Terá lugar o mércores a partir das catro da tarde, partindo da praza do Regueiro. Para participar o único que terán que facer é presentarse alí a esa hora. Só se require ter un teléfono móvil con cámara de fotos e conexión a internet e pódese participar en grupo ou por separado.

A inciativa parte dun grupo de rapazas arousanas que buscaban ofertas de lecer para a Semana Santa que non implicara gastar moitos cartos. E así foi cómo xurdiu a idea da “gymkana”. Cóntannos que xa fixeron algo semellante cando estudaban en Santiago, e pensaron que, si foi divertido alá en Compostela, canto máis divertido vai ser na Arousa. Nun primeiro momento pensaron en facer a “gymkana” elas soas, pero despois ocurriuselles convidar a máis xente aproveitando as redes sociais, pois “cantos máis participemos, mellor o imos pasar”, según unha das rapazas.

Para facer a proba, crearase un multitudinario grupo de “whatsapp” para todos os participantes. Neste grupo irán aparecendo diferentes fotos de detalle de distintas partes da Arousa, (unha porta, un cartel, etc.) que están integradas dentro dun perímetro determinado (na imaxe poden ver o plano do mesmo)

. Os participantes terán que adiviñar e buscar o sitio onde se encontra cada foto e quitar unha o máis semellante posible á foto proposta. E si xa se fai con “selfie” incluido, pois mellor.

Gañará o primeiro grupo ou persoa que, obviamente, logre identificar todas as fotos. Iso si, o premio será, ademais da honra, pasar unha tarde de deporte e divertida. Así pois, xa saben, o mércores ás catro da tarde poñan as súas roupas e calzado máis cómodo e acudan ó Regueiro. Porque,… coñecemos tan ben a Arousa como cremos?

Para máis información e dúbidas, poden consultar o evento de Facebook,

https://www.facebook.com/events/838827526191226/

30 ANOS DA VOLTA Á AROUSA

O pasado sábado, a Volta á Arousa celebraba a súa trixésima edición. Lonxe queda xa aquela primeira regata do ano 84 onde os participantes, afecioados á recuperacións das clásicas dornas que cada vez estaban máis apartadas coa aparición do poliéster, se reunían e decidían facer unha competición, máis aló dun simple paseo. Con isto, as dornas e a navegación tradicional non só aseguraba a súa supervivencia, senón que tamén nacía unha fermosa regata que non ía deixar de celebrarse ano tras ano.

Naquela primeira ocasión foron unha vintena de dornas as participantes, mentes que ata 45 foron as presentes nos sábado. A competición en si estivo moi lonxe do ambiente festivo que se podería supor. A meteoroloxía invitaba a unha proba de extrema dureza para dar a volta a unha Illa que, xa normalmente, nunca anda escasa de vento.

Abandonos, quillas arriba, un mastro roto e ata polémica. Á Volta á Arousa 2014 non lle faltou ningún ingrediente para ser unha competición de altura, ó que se une a súa importancia histórica e cultural. Foron máis de tres horas frenéticas que remataba cunha embarcación gañadora: a Jalerna.

_DSC0433_regatavoltaarousaXXX

_DSC0483regatavoltaarousaXXX_02

_DSC0436_regatavoltaarousaXXX

_DSC0430_regatavoltaarousaXXX

 

O “PRESIOSO” E O KOMAIRA, XUNTOS PARA ACOMPAÑAR Á REGATA CALMOSEIRA

O pasado sábado no Chufre viveuse un acontecemento que ben podería chamarse histórico. Dous galeóns, o Adelino e Manuel, ben apodado “Presioso” e o Komaira, que nada desmerece en beleza, desfilaron xuntos por primeira vez para dar a saída e acompañar ás dornas participantes na regata Calmoseira.

regata3

(imaxe: Marcos Cancelas Dozo)

Tan só o ano pasado, con motivo da saída da Volta ciclista a España en Vilanova, dunha concentración semellante de embarcacións antigas.

regata2

(imaxe: Marcos Cancelas Dozo)

Como adoita suceder coa meirande parte dos grandes acontecementos do verán da Arousa, a regata tamén estivo ameazada pola choiva. Aferrándose ás predicións meteorolóxicas, que aseguraban unha mellora do tempo de cara o mediodía, as asociacións organizadoras nunca pensaron nun aprazamento da regata. En todo caso, tan so se retrasaría un pouco a saída, como finalmente sucedeu.

regata

(imaxe: Marcos Cancelas Dozo)

jalerna

A tripulación da Jalerna mándanos un saúdo. (imaxe: Marcos Cancelas Dozo)

Esta regata víñase realizando nos últimos anos en Cambados e era organizada pola Asociación Calmoseira, nacida para recuperar o galeón “Presioso”. Pero desta vez celebrouse na Arousa e contou coa colaboración da Asociación Komaira. Curiosamente, os dous galeóns son case da mesma “quinta” (de 1943 o Komaira e de 1944 o Presioso). Polo tanto son xa máis de 70 anos de historia os que sucaron o mar de arousa e unha chea de vidas, anécdotas, reciclaxes e historias mariñas as que suman entre os dous.

camilo-santi

(imaxe: Marcos Cancelas Dozo)

_DSC0320_regatacalmoseira_020_002

_DSC0316_regatacalmoseira_020_002

Na regata participaron 23 dornas, que fixeron un percorrido que sorteaba bateas ata chegar ó Faro do Seixo. No que se refire á competición, a dorna Jhalerna, da Illa de Arousa, sitouse nun lugar destacado dende os primeiros compases da regata, lugar que non ían xa a abandoar, polo que se fixeron coa victoria. En segundo lugar, chegou a  tamén arousana Xarandeira, tamén con gran vantaxe sobre o resto dende o principio. A terceira en chegar foi a Mimela, tamén da Illa, que protagonizou unha gran remontada para acadar esa posición. A posterior celebración e entrega de premios celebrouse, como non podía se doutro xeito, no pub Con do Moucho.

_DSC0314_regatacalmoseira_018_002

Un mercante irrompe entre os dous galeóns.

Un mercante irrompe entre os dous galeóns. (imaxe: Marcos Cancelas Dozo)

CRÓNICAS DE MARZO: DO ANTROIDO Ó FESTIVAL DO NORTE

Marzo, por riba de todo, foi o mes do Antroido, que tanto e tan ben festexamos aquí na Arousa. A comparsa máis irreverente, os Mosos Da Arousa, volveron á carga máis reivindicativos que nunca para apoiar os dereitos das mulleres. Para iso, disfrazáronse do colectivo feminista Femen, e certamente, non se lles vía moi incómodos neste papel. O mércores de cinza saía dende as Rubas o director de Novacaixa Galicia para recibir o merecido que non recibe na vida real polo escándalo das preferentes.

A principios de marzo coñecíamos tamén a historia de Eloy Poza, un rapaz da Arousa de 14 anos que, malia súa xuventude xa tivo que enfrontarse a unha grave enfermidade con só un ano de vida. As consecuencias da súa enfermidade non son ningunha pega para que Eloy sexa considerado un dos mellores xogadores galegos de baloncesto, algo que só é posible gracias ó seu esforzo e determinación. Eloy, por motivos propios, é todo un exemplo para os seus compañeiros e para todos nos.

Os MDA invandindo a de "Fina Viñas".

Os MDA invandindo a de “Fina Viñas”.

A mediados de mes, o lobo mariño “Raciño”, que pasou un periodo de recuperación no Igafa, despedíase da Illa de Arousa para retomar a súa vida alá polo Gran Sol. Unha despedida feliz, debido ós grandes resultados obtidos.

Pola súa parte, o sector do mexilón recibíu algunha que outra boa nova neste mes. Por unha parte, a chegada ó Grove do equipo do programa de Televisión Española “Master Chef”, no que o mexilón será o elemento esencial dos pratos dos concursantes. Por outra parte, na Voz de Galicia aparecía a nova do alto aumento das vendas do mexilón galego, debido ós problemas que afronta o mexillón chileno. Claro que estas boas novas hai que tomalas con precaución, posto que acaban de aparecer novos brotes de toxina, o que obrigou ó peche dalgúns polígonos.

Eloy Poza.

Eloy Poza.

E marzo remataba cunha gran nova no eido social e cultural: o inesperado traslado do Festivas do Norte á Illa de Arousa. Xa facía tempo que dende este mesmo lugar soñábamos cun festival de música para as novas xeracións, que tamén teñen dereito. Pois aquí está. Atentos ós días 3, 4 e 5 de xullo, porque pode que vexan a Arousa coma nunca antes a viran.