“GYMKANA” FOTOGRÁFICA POLA ILLA DE AROUSA: DEPORTE, DIVERSIÓN E DE BALDE PARA A TARDE DO VINDEIRO MÉRCORES

Plano do perímetro da proba.

Plano do perímetro da proba.

Hoxe traemos ata vostedes unha opción de lecer para esta semana de vacacións. E atrevémonos a recomendarlla porque se trata dun evento que promete ser divertido e de balde. Falamos da “Gymkana” fotográfica pola Arousa. Terá lugar o mércores a partir das catro da tarde, partindo da praza do Regueiro. Para participar o único que terán que facer é presentarse alí a esa hora. Só se require ter un teléfono móvil con cámara de fotos e conexión a internet e pódese participar en grupo ou por separado.

A inciativa parte dun grupo de rapazas arousanas que buscaban ofertas de lecer para a Semana Santa que non implicara gastar moitos cartos. E así foi cómo xurdiu a idea da “gymkana”. Cóntannos que xa fixeron algo semellante cando estudaban en Santiago, e pensaron que, si foi divertido alá en Compostela, canto máis divertido vai ser na Arousa. Nun primeiro momento pensaron en facer a “gymkana” elas soas, pero despois ocurriuselles convidar a máis xente aproveitando as redes sociais, pois “cantos máis participemos, mellor o imos pasar”, según unha das rapazas.

Para facer a proba, crearase un multitudinario grupo de “whatsapp” para todos os participantes. Neste grupo irán aparecendo diferentes fotos de detalle de distintas partes da Arousa, (unha porta, un cartel, etc.) que están integradas dentro dun perímetro determinado (na imaxe poden ver o plano do mesmo)

. Os participantes terán que adiviñar e buscar o sitio onde se encontra cada foto e quitar unha o máis semellante posible á foto proposta. E si xa se fai con “selfie” incluido, pois mellor.

Gañará o primeiro grupo ou persoa que, obviamente, logre identificar todas as fotos. Iso si, o premio será, ademais da honra, pasar unha tarde de deporte e divertida. Así pois, xa saben, o mércores ás catro da tarde poñan as súas roupas e calzado máis cómodo e acudan ó Regueiro. Porque,… coñecemos tan ben a Arousa como cremos?

Para máis información e dúbidas, poden consultar o evento de Facebook,

https://www.facebook.com/events/838827526191226/

OS COMENZOS DO CINE NA AROUSA, ANO 1935.

Pode que o lembremos como a época dourada do cine na Arousa o asociemos a heroes tan dispares como Cantinflas, Superman ou Bruce Lee, ademáis dunha velliña có seu pano negro á cabeza, que se apostaba diante das portas dos cines Arosa e Capitol rodeada de lambetadas, onde ían todos os nenos a arremuiñarse. Pero o cine na Arousa tivo unha esplendorosa época nada máis chegar a luz eléctrica, precisamente, cando menos medios se dispuñan.

Rapaces agardando para entrar no Cine Arosa.

Rapaces agardando para entrar no Cine Arosa.

Un artigo publicado no xornal madrileño “La Estampa” cóntanos todo iso en primeira persoa. O xornalista de dito xornal, Lorenzo Carriba, pasou unha tarde na Arousa en marzo de 1935, só uns meses despois de que a Illa “proclamase” o seu estado independente. Os relatos que se suceden ó longo do artigo son unha testemuña excepcional para o presente, polo que sen dúbida non imos tardar en volver moitas veces a este documento.

De entre todas as historias que se van sucedendo ó longo desa tarde, atopamos o relato da nova sensación que percorría toda a Arousa: o cine. A xente cóntalle ó xornalista que dous alemáns (os irmáns Willisch) montaran unha central eléctrica, que estaba a chamar a revolucionar a vida cotiá. Así pois, só un mes despois de que a luz por fin chegara á Arousa, había xa dous cinematógrafos de cine mudo. Un terceiro sonoro inaugurábase, precisamente, a mesma tarde da visita do xornalista. O seu nome pode que lles sexa familar, O Capitol. Para que este funcionara, as luces das casas tiñan que estar apagadas, pero lonxe de importalles iso ós nosos veciños de entón, semella que se prestaban gustosamente.

Maurice Chevalier era o actor de moda na Arousa de 1935.

Maurice Chevalier era o actor de moda na Arousa de 1935.

Foi así como as rapazas da Arousa andaban todas namoradas do galán da época, o actor francés Maurice Chevalier, gracias ó seu filme “El desfile del amor” (“The love parade” na versión orixinal). Unha película ésta do ano 1929, polo que tan só seis anos despois chegaba a proxectarse na Arousa.

Polo tanto, agora coñecemos que, ademáis da época na que conviviron os cines Arosa e Capitol, houbo un tempo no que na Illa eran tres os cines que había. A maxia do sétimo arte ten estas cousas.

AS SETAS, UN MOTIVO MÁIS POLO QUE NOS GUSTA O OUTONO

Como cada ano cando chegan estas datas a zona do monte, especialmente dende o Campo da Bouza ata a praia da Area da Secada, sofre unha invasión de fungos, que cada vez máis semellan aumentar en cantidade e variedade. Así, nunha estación como o outono, considerada triste e gris, de tardes curtas e escuras, o monte vive unha explosión de cor gracias ás setas.

Aquí lles amosamos uns exemplos, moi poucos exemplos, deste particular xardín salvaxe, nacido á sombra das árbores e aproveitanto a humidade. Por suposto, lembrarlles a todo aquel que as visite que se informe moi ben sobre as especies antes de tan sequera tocalas. Descoñecemos si aquí na Arousa hai especies velenosas, pero toda precaución é pouca. Lembren tamén que, unha vez ben informados, se deciden a coller algunha seta, cando a corten fágano pola zona do talo e non pola raíz, para que a planta se poida reproducir o más pronto posilbe.

seta1

seta2

seta3

seta4

seta5

seta6

seta7

seta8

seta9

O IMPERIO CONTRAATACA NA AROUSA

A concentración de cometas na praia do Bao na Illa de Arousa, ven xa sendo unha tradición anual cando chega setembro. O evento está creado pola Asociación Por Dereito, dedicada a axudar ós nenos autistas e a darlles visibilidade ós problemas ós que se enfrontan cada día. Este ano, os nenos e a Asociación estiveron acompañados por uns invitados moi especiais, nada máis e nada menos que por Darth Vader e o seu séquito de soldados imperiais, da saga cinematográfica “Stars Wars”. E é que de seguro que para eles, a Tropa Korribán, tamén foi unha tarde inesquecible.

Todo hai que dicilo, a negra e alta figura de Vader non invitaba ós nenos de primeiras a ir a abrazarse a el. Os nenos achegábanse tímidamente e moitos foron os que rexeitaron fotografarse có villano de Stars Wars. Pero moitos, en canto colleron confianza, comezaron a arremuiñarse sobre el, tanto, que incluso houbo quen dixo que “parecía Cristiano Ronaldo”.

Debido á ausencia de vento, o número de cometas non foi tan alto como noutras ocasións. Pero iso non fixo deslucir unha tarde festiva, con climatoloxía de verán, e, sobre todo, solidaria. Para máis información sobre a Asociación Por Dereito, poden consultar aquí: pordereito.blogspot.com.es

cometa2

cometa3

cometa4

(imaxe: Marcos Cancelas Dozo)

cometa5

(imaxe: Marcos Cancelas Dozo)

cometa6

cometas1

O ESTRAÑO CONXUNTO DE CARREIRÓN

 

unnamed (5)

Carreirón nunca deixa de ser un lugar ateigado de sorpresas, coma un espazo inacabable onde o visitante sempre descubre algo novo. Normalmente debido a aves, que tanto fuxen  e non se deixan ver, como que se dedican a revoar sobre un. Ou polas intensas cores da vexetación, tan diferentes segundo a época do ano, ou ese mencer, ou ese solpor, que nunca antes se nos dera por observar.

Pero nesta ocasión non é un froito da natureza a que fai que desviemos a nosa atención, senón un conxunto, que poderíamos dicir “escultórico”, aínda que resulta ben difiícil de definir. Trátase duns troncos encravados na area da praia, e moi ben plantados, diríamos, pois alí se erguían axenos ós fortes ventos destes días.

Unha figura destaca de entre o resto, un tronco delgado e o máis alto de todos. Semella querer ser un cruceiro, quizais nunha versión marítima, cunha nasa colgando no alto. As outras figuras tampouco desmerecen e a ningunha lle falta detalle de adornos de cunchas, piñas e demais.

Descoñecemos a qué se deben. Serán os xogos infantíns duns nenos, ou pode que a obra dalgún artista experimental. En todo caso, o conxunto, lonxe de pasar desapercibido, xoga ó despiste nunha das praias de Carreirón. Pode resultar unha imaxe inquedante, polo que é mellor non velo a certas horas…

unnamed (1)

unnamed (2)

unnamed (3)

unnamed (4)

unnamed