A LINGUAXE DAS NUBES: ESTRATOS

Coas nubes estratos, rematamos o apartado de “nubes baixas” dentro da clasificación de “tipos de nubes“.

Os estratos son nubes agrisadas, sen formas. Son coma un gran manto que pode cubrir todo o ceo, dando un aspecto de néboa espesa. Na súa extensión, teñen diferentes grados de grises e de opacidade.

Os estratos non dan lugar a precipitacións. A súa presenza está vencella á aparición de febles néboas e orballos. Son as nubes do típicos días grises de aspecto triste.

A LINGUAXE DAS NUBES: ESTRATOCÚMULOS

Os estratocúmulos son nubes baixas, na maioría das ocasións de gran extensión e de aspecto pesado. Adoitan presentarse formando ondulacións que se agrupan en filas, que máis tarde tenden a separarse. Contén moitos e diferentes tons de grises. Son moi semellantes ás nubes altocúmulos, pero máis grandes.

A capa de aire seco que se sitúa por riba dela impide o seu desenvolvemento vertical. En ocasións, é a causante de febles choivas, e a longo prazo e dependendo da súa evolución, pode causar tormentas.

A LINGUAXE DAS NUBES: NIMBOSTRATOS

 

Cós nimbostratos comezamos hoxe a serie de “nubes baixas“. Poden chegar ata os 2.000 metros de altitude, se ben a súa posición é tan variable que algúns autores chegaron a clasificala coma unha nube media.

Teñen forma de capa agrisada, pesada e irregular. Non deixan pasar a luz, aínda que os seus niveis de opacidade varían moito segundo as zonas da nube.

Os nimbostratos están sempre vencellados á presenza de abundantes choivas e neve, cando é o caso.

A LINGUAXE DAS NUBES: ALTOSTRATOS

Cós altostratos chegamos ó ecuador da nosa clasificación dos tipos de nubes.

Son nubes que forman un feble manto de cor agrisada, con zonas máis brancas e máis escuras. É doado que cubran todo o ceo.

Son debidas a grandes masas de aire, que ascenden e se condensan. Adoitan preceder a finas choivas, aínda que continuas, xunto con baixadas de temperatura.

A LINGUAXE DAS NUBES: ALTOCÚMULOS

Cós altocúmulos, comezamos a desenvolver o tipo de nubes medias, dentro da clasificación de tipos de nubes.

Están formadas por pequenas gotiñas de auga. Pero, cando inusualmente están formadas por pequenos cristais de xeo, poden deixar pasar unha luz translúcida.

Preséntanse en formas alongadas, de cores brancas e agrisadas. Algunhas partes son, de maneira moi perceptible, máis escuras.

A presenza de altocúmulos adoitan preceder un frente frío. En días húmidos, pero de altas temperaturas, anuncian a próxima chegada de tempestades nun breve período de tempo.