Esta mañá os transeúntes habituais no paseo do campo na Illa de Arousa leváronse unha boa sorpresa ó descubrir un bus antigo e de dous pisos que se achegaba ó Muelle de Pau. Todos estaban moi curiosos, aínda que disimulando, e non había quen se atrevera a preguntar ó ver ó redor unha ducia de persoas todas atarefadas. E resulta que se trataba do equipo dun novo programa que moi pronto vai a estrear a Tvg. O seu título é “Gastrópodos: cociña en ruta” e está presentado pola cociñeira galega Beatriz Sotelo. Está baseado nun blog gastronómico chamado “Gastrópodos”, e o seu autor é Jorge Guitián, que tamén dirixe o proxecto. Non coñecemos moi ben o entramado do programa, pero parece ser que o fío condutor é un reto culinario. Dentro, e formando parte da rodaxe, estaba Rosa, do Saratoga ou Bar Suso. Preparoulles quizáis un prato do seu famoso pulpo? Semella que pronto o imos saber.