A TVG COCIÑA NA AROUSA, NO SEU NOVO PROGRAMA “GASTRÓPODOS, COCIÑA EN RUTA”

Preparativos da rodaxe do programa.

Preparativos da rodaxe do programa.

Esta mañá os transeúntes habituais no paseo do campo na Illa de Arousa leváronse unha boa sorpresa ó descubrir un bus antigo e de dous pisos que se achegaba ó Muelle de Pau. Todos estaban moi curiosos, aínda que disimulando, e non había quen se atrevera a preguntar ó ver ó redor unha ducia de persoas todas atarefadas. E resulta que se trataba do equipo dun novo programa que moi pronto vai a estrear a Tvg. O seu título é “Gastrópodos: cociña en ruta” e está presentado pola cociñeira galega Beatriz Sotelo. Está baseado nun blog gastronómico chamado “Gastrópodos”, e o seu autor é Jorge Guitián, que tamén dirixe o proxecto. Non coñecemos moi ben o entramado do programa, pero parece ser que o fío condutor é un reto culinario. Dentro, e formando parte da rodaxe, estaba Rosa, do Saratoga ou Bar Suso. Preparoulles quizáis un prato do seu famoso pulpo? Semella que pronto o imos saber.

25 ANOS DA APARICIÓN DA AREA DA SECADA NA SERIE DE TVE “BRIGADA CENTRAL”

Os máis novos non se acordarán, por algo son xa 25 anos, pero “Brigada Central” foi unha existosa serie de Tve, cando a pública aínda dispuña daquela supremacía, pois as teles privadas estaban aínda nos seus albores. Foi emitida a finais de 1989 e principios de 1990 e o seu capítulo 9, titulado “El Cebo” estivo dedicado a unha trama de narcotráfico, e gran parte do capítulo estivo rodado en Vilagarcía.

Inicio da persecución, camiño á Area da Secada.

Inicio da persecución, camiño á Area da Secada.

O guión foi do prolífico escritor Juan Madrid, autor de numerosas novelas entre as que se atopa “Días Contados“, que foi levada ó cine. Ademáis da Arousa, aparecen outros escenarios moi recoñecidos por nos, como o muelle de Ferrazo, a Praza de Abastos de Vilagarcía ou a antiga sede da Policía Municipal.

Pero o que revolucionou por completo a Arousa foi a chegada do equipo de rodaxe á Area da Secada. A expectación era enorme sobre todo pola presencia na Arousa do protagonista da serie, Imanol Arias, daquela considerado todo un sex symbol.

Escena do capítulo na Area da Secada, con bateas ó fondo.

Escena do capítulo na Area da Secada, con bateas ó fondo.

Nun dos capítulos máis galegos de toda canta serie nacional haxa, incluso escoitamos falar galego. Foi a través do personaxe da doce Teresiña, autóctona do lugar e vendedora de queixo de Curtis (?) na Praxa de Abastos de Vilagarcía.

Destacamos tamén a presencia no capítulo, inesperada, polo que sempre se agradece máis, do gran Roberto Vidal Bolaño.

Pero é a partir do minuto 49:50 cando comenza a escena máis trepidante, a persecución que culmina nas dunas da Area da Secada. Non contaremos mais, para non caer en spoilers por si deciden ver o capítulo enteiro. Non sabemos qué tería de malo para Juan Madrid topónimos como a Area da Secada ou o Campelo, pero o certo é que na serie o lugar recibe o nome de “A Punta da Mona”.

O "malo" é acorralado polos policías da Brigada.

O “malo” é acorralado polos policías da Brigada.

Polo demáis, seguro que a escena lles enche de nolstalxia, e case non poderán crer que pasaran xa 25 anos. Semella xa difícil lembrarse que daquela os coches podían chegar ata a praia. E esta, gracias a unhas fermosas imaxes aéreas, podemos vela en marabillosos planos, como o que era, un espazo virxe e natural, aínda sen pasarelas, nun día nubrado e de vento, como tantos hai na Arousa.